
O chef Álvaro Villasante Armas, propietario do restaurante lucense Paprica, é a nova incorporación do Grupo Nove, integrado ata agora por vintedous restauradores galegos.
Natural de Palas de Rei (lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolvida a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Ángel Palacios en La Broche (Miami); Gonzalo Tamames no Rincón de Gonzalo (Tenerife); Ramón Freixa, en Racó d´en Freixa (Barcelona); e Óscar Sabate, en Eth Taro (Val dArán). Finalmente, as aspiracións deste xove restaurador levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007.
O restaurante Paprica está especializado en cociña creativa marcada polas estacións e pola temporalidade, na que teñen moita presenza os produtos ecolóxicos. Desde a súa apertura, leva acadados varios recoñecementos, entre eles o Q de Calidade Turística, de feito foi o primeiro en Lugo en acadar esta certificación.
Grupo Nove
Grupo Nove está integrado por 22 restauradores galegos entre os que figuran algunhas das principais figuras da gastronomía internacional, aglutinando nada menos que a oito estrelas Michelín, dous campións de España de cociñeiros e 18 dos restaurantes máis activos de Galicia.
Os membros do Grupo Nove reinventan a cociña galega sen renunciaren ás orixes. Apostan por unha cociña contemporánea, de vangarda, e están atentos ás novas técnicas postas á disposición da excelente despensa que ofrece a terra e o mar en Galicia. Este ano 2012 o Grupo Nove celebra o seu décimo aniversario.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.