
No acto inaugural, a presidenta do Parlamento de Galicia explicou que desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981, a Cámara galega, converteuse no eixe central na nosa vida política. Na súa opinión, se calquera Parlamento ten que ser, en cada momento, un nítido reflexo de todo o que preocupa e acontece no seu ámbito territorial, os deputados e as deputadas daquel tempo cumpriron sobradamente coa súa obriga histórica.
Pilar Rojo agradeceu a acollida brindada a esta mostra polo presidente da Deputación de Ourense, que coñecía o significado e interese da exposición na súa condición de vicepresidente da Mesa do Parlamento cando este proxecto botou a andar.
Explicou a titular do lexislativo galego que a mostra que abre as súas portas en Ourense se enmarca na conmemoración do 30 aniversario do Parlamento de Galicia e pretende homenaxear aos deputados e deputadas das dúas primeiras lexislaturas- Todos eles afirmou- deixaron o listón moi alto co seu traballo arreo naqueles difíciles comezos da nosa primeira institución pública.
Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que nesa etapa se fraguaron os grandes consensos que permitiron a aprobación das leis básicas emanadas do noso Estatuto de Autonomía de 1981, unhas leis esenciais que permitiron á nosa Comunidade ir medrando pouco a pouco no seu autogoberno, na súa autoestima e tamén no seu benestar, pese ás dificultades do momento presente.
O acto inaugural contou coa asistencia do alcalde de Ourense; os conselleiros do Mar e Medio Rural; de Educación; membros da Mesa do Parlamento; deputados e exdeputados, entre outros.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.