Notas de prensa

Preto de 200 entidades beneficiaranse das axudas a acción voluntaria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria destas subvencións para fomentar a realización de accións voluntarias. A iniciativa conta cun orzamento de 200.000 euros. As axudas non poderán superar os 6.000 euros nin o 75 por cento do orzamento total do proxecto presentado.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. A iniciativa conta cun orzamento de 200.000 euros.

A Consellería de Traballo e Benestar prevé que preto de 200 asociacións poidan beneficiarse destas axudas a través das que se financiarán os programas e actuacións presentados polas entidades sen animo de lucro, sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.Os proxectos subvencionabas deberá desenvolverse nas areas de sensibilización, formación ou coordinación.

Estas axudas, que se outorgaran en réxime de concorrencia competitiva, en ningún caso poderán superar os 6.000 euros nin o 75 % do orzamento total do proxecto presentado. Os interesados en solicitar estas axudas contarán cun mes de prazo a partires de mañá.

No eido do voluntariado, o departamento autonómico está a desenvolver o terceiro Plan Galego de Acción Voluntaria, que rematará no 2014. Trátase dun Plan concibido como unha ferramenta e estratexia participativa elaborada con máis de 800 entidades sociais do terceiro sector de ámbitos como a discapacidade, as ONG, as universidades ou os concellos.

O Plan consta de 89 medidas repartidas en 3 áreas de intervención: a sensibilización, o apoio e a coordinación. Con elas actuarase en 7 ámbitos para a promoción do voluntariado: difusión, reflexión e estudo, promoción, formación, xestión, coordinación e cooperación.

A normativa inclúe a promoción do voluntariado entre as persoas maiores e as persoas con discapacidade con proxectos como o europeo Grundtvig ‘Ways of Solidarity’ que ten como obxectivo fomentar o intercambio de aprendizaxe intercultural entre os voluntarios sénior de España e do Reino Unido, e que rematará o 31 de agosto de 2013.

Por último, é preciso lembrar que o ano pasado se puxo en marcha o Servizo de Voluntariado Xuvenil, unha iniciativa novidosa, pioneira e experimental a nivel de todo o Estado. Basease na posta en marcha en paralelo dunha bolsa de persoas voluntarias e unha de proxectos de voluntariado co obxectivo de poñer en contacto as dúas bandas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES