Notas de prensa

Aquaturnat impulsa o Museo Virtual da Auga

A Fundación Mondariz Balneario arranca o proxecto Aquaturnat coa constitución dun comité de expertos integrado no proxecto POCTEP da Unión Europea. A difusión internacional do termalismo galego e a creación do Museo Virtual da Auga, entre os obxectivos desta iniciativa.

Celebrouse no Balneario de Mondariz a primeira reunión do Comité de Expertos do proxecto AQUATURNAT, un POCTEP integrado pola Fundación Mondariz Balneario; Augas de Galicia, a Cámara de Viana do Castelo e mais a Cámara de Paredes de Coura. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, forma parte dese Comité científico do proxecto.

O comité conta tamén con Ramón Núñez Centella, director do museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía; Patricia Barciela, directora da Domus-Casa del Hombre da Coruña; Jorge Duarte Vázquez, presidente-decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Juan Ramón vidal Romaní; catedrático de Xeoloxía da USC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal; John Walton, director de Journal of Tourism Historiy do Grupo editorial Taylor & Francis e catedrático de Historia pola Universidade de Oxford; Luís Rodríguez Míguez, membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; Francisco Arecheaga, presidente da Cámara Mineira de Galicia; Miguel Delibes de Castro, do CSIC; e mais Felipe Criado Boado; director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.

No acto de presentación do mesmo que tivo lugar hoxe estiveron presentes o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; o presidente da AEITEGAL; o xerente da Asociacón de Balnearios de Galicia e mais a secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Augas de Bebidas Envasadas.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, resaltou a importancia das actuacións que se levarán a cabo no marco deste proxecto, como a creación do Museo Virtual da Auga, así como a proxección e difusión internacional do proxecto en particular e do termalismo galego en xeral a través da prestixiosa editorial británica Taylor & Francis Group, tanto para o desenvolvemento turístico do territorio como para o desenvolvemento sostible do mesmo e a súa proxección e mellora continua para o sector.

Na súa intervención para clausurar a presentación de AQUATURNAT, Carmen Pardo quixo salientar a iniciativa de recuperación medioambiental e o posterior aproveitamento turístico sostible que implica a execución deste proxecto e resaltou o recoñecemento feito ao mesmo polo Comité das Rexións da Unión Europea como exemplo de colaboración público-privada con beneficios sociais.

Así mesmo, Carmen Pardo recalcou que “podemos aminorar o impacto ambiental do turismo aínda máis a través de políticas e proxectos de cooperación que fagan minguar os impactos ambientais, sociais, económicos e climáticos do desenvolvemento turístico dun territorio”. Segundo dixo, “cómpre que exista unha conciliación entre o que significa aproveitar turísticamente un territorio e a preservación do ambiente”. “O desenvolvemento sostible dun territorio turístico non implica que a empresa turística vexa reducidos os seus beneficios, senón que desencadea factores positivos que crean sinerxias en canto ao incremento de negocio e proxección de novos mercados”, engadiu.

Doutra parte, Carmen Pardo falou de que entre as medidas que permiten o aproveitamento turístico está a xestión de fluxos turísticos atendendo á capacidade de carga dos territorios. “A actividade turística é vital para a sostenibilidade de moitos territorios porque xeran emprego e fixan a poboación; porque xera ingresos que poden ser reinvertidos no seu coidado e preservación”, comentou a secretaria xeral para o Turismo.

Pardo falou tamén das políticas turísticas en materia de sostenibilidade que se levan a cabo dende o seu departamento e explicou as actuacións que nesta materia se conteñen no Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013. Tamén explicou a secretaria xeral as políticas e medidas levadas a cabo dende Turismo de Galicia en materia de termalismo, como as liñas de subvencións para a creación e mellora de balnearios e talasos; os programas de achegamento ao termalismo; a creación da Cátedra de Hidroloxía Médica ou os proxectos Europeos en materia termal que se desenvolveron nos últimos anos.

Carmen Pardo comentou tamén na súa intervención que Turismo de Galicia traballa neste momento nos Produtos Cabeceira da Marca Galicia, entre os que se encontra Mananciais de Galicia, que pon en valor a oferta de turismo de saúde e benestar da nosa comunidade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES