Notas de prensa

Estudantes galegos fanse co premio Es de libro, en competición con máis de 3400 alumnos de toda España

ueila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, gañaron cun proxecto científico que estuda a influencia das radiacións dos dispositivos móbiles na xerminación das sementes e no crecemento das plantas.

Queila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame ‘Es de libro’ coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, coma os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas. Estes dous estudantes, que recibirán o galardón o vindeiro sábado de mans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, concluíron que hai unha influencia directa alomenos no proceso de xerminación, ao comprobar que a fertilidade das sementes foi maior no caso das que non estiveron expostas á radiación.

O proxecto foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.

No certame, organizado polo Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) co apoio do Ministerio de Educación, participaron un total de 3441 estudantes de toda España, que presentaron 517 proxectos.

O xurado do concurso estivo formado por intelectuais de diferentes ámbitos, coma a científica Margarita Salas, o economista Ramón Tamames, os escritores Carme Riera e Juan Cruz Iguerabide ou o filósofo Javier Sádaba. A súa decisión, tomada por unanimidade, baseouse no recoñecemento da “excelente calidade do traballo presentado, a orixinalidade nos seus plantexamentos e execución, o respecto polos dereitos de propiedade intelectual e o esforzo investigador levado a cabo polos seus autores”.

Iniciativas de divulgación

As Aulas Tecnópole son unha iniciativa de impulso á divulgación científica do Parque Tecnolóxico de Galicia que ten como obxectivo espertar nos rapaces e rapazas a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.

No marco desta iniciativa, os estudantes trasládanse unha tarde por semana á Tecnópole, onde levan a cabo os seus proxectos en equipo e axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características. Os estudantes, todos eles de segundo ciclo de Secundaria e Bacharelato, reciben deles formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa.

Gabinete de Comunicación da Tecnópole, 2012-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES