Notas de prensa

Os Premios Mestre Mateo reivindican que a pesar da crise a cultura importa

Máis de 900 persoas encheron o Palexco da Coruña e desfrutaron da man da presentadora María Castro e o guión e dirección de Ángel de la Cruz. Todos os discursos pediron que non se deixe de lado o sector do audiovisual e que se faga unha política pública consensuada co sector.

Os Premios Mestre Mateo 2011 estiveron moi repartidos este ano, premiándose case co mesmo número galardóns producións de televisión, cine, animación e documentais. A longa de animación Arrugas recibiu cinco premios, a longa de ficción Doentes outros cinco, a serie Matalobos catro, a longa documental Tralas Luces tres e a película de televisión Condesa Rebelde outros tres.

A gala estivo repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, dos gañadores e do propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro. As máis de 900 persoas que encheron o auditorio Gaviota do Palexco de A Coruña ríron, aplaudiron e sobre todo festexaron a boa saúde creativa do audiovisual galego.

A actriz María Castro foi unha das máis laureadas da noite por levar o peso de gran parte da gala, que solventou con completos monólogos, números musicais e moito humor durante dúas horas e media. Oliver Twist interpretada por máis de 50 nenos, Pennies from heaven por María Castro, Se eu fora rico por Luis Tosar ou o “Acuarius” do musical Hair pola presentadora foron os pratos musicais da noite, que repasou cunha ollada ácida pero tamén optimista as crises máis importantes dos últimos séculos, desde a Revolución Industrial do século XIX ata a presente, tendo claro que toda crise pasada foi sempre peor.

Uns dos momentos cumbre foi cando a mestra de cerimonias se achegou ao conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e sentada nas pernas do presidente da Academia, Antonio Mourelos, agasallou o político cunhas tesoiras por se quería facer algún recorte máis.

Principais reivindicacións

A maioría dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que se siga apoindo a produción propia, posto que o audiovisual é un sector estratéxico que xenera moitos postos de traballo e sentido de pais.

Antonio Mourelos, presidente da Academia, destacou no seu discurso que non foi doado cumprir os 10 anos de existencia da institución, pero non quixo volver a insistir no talento, profesionalidade e creatividade do sector do audiovisual galego, porque “estamos cansos de ir de despacho en despacho para dicir que somos un sector importante que da traballo a moita xente, quen o ten que saber xa o sabe e se non fai nada porque non quere ou porque non lle deixan”. Aínda que Mourelos recoñeceu que tamén hai que facer autocrítica para ter cada vez producións de máis calidade e buscar investimento aquí e fóra. “Digámoslle a quen corresponda que a cultura importa”, rematou.

Pola súa banda, Dolores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento dicindo que supón un estímulo para seguir traballando. “O audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro”, afirmou. “Ten que facerse unha política de audiovisual clara e consensuada con sector para poder superar a situación actual”, engadiu na mesma liña que moitos dos galardoados esta edición.

Presenza institucional

Os representantes das institucións públicas e privadas que estiveron presentes na gala foron o Conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, o alcade da Coruña, Carlos Negreira, os portavoces do grupo socialista, Francisco Cerviño e do grupo nacionalista, Ana Pontón, a concelleira de Cultura de A Coruña, María Fernández, deputado do BNG, Francisco Jorquera, o director xerente do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla, a concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, a vicepresidenta 2ª da Academia Española de Cine, Judith Collel, representante da Academia de Cine Catalana, Xavi Lite.

Os #PMM11 contaron co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da TVG. Colaboran, ademais, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o ICAA, a SGAE – Fundación Autor, a Fundación AISGE, Gadis, Palexco, Begano, Superbock, Trevisani, a CDRO Queixo San Simón da Costa, a DO Queixo Arzúa Ulloa, IXP Pan de Cea, o Coro Cantabile, a Escola de Imaxe e Son da Coruña, Saturna, Caramelo, Oki Coki, Roberto Verino, Píxel Films, o Centro Coreográfico Galego e alumnos da Escola de Danza Druída, Queixo Tetilla, Monterrei, Filmanova, Tic Tac Producciones, Peluquería Cavelicco, Peluquería Fátima Albo, Peluquería Lida e Diseño Peluquería.

Equipo de comunicación PMM11, 2012-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES