O Tenente-alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Antón Bao, presentou o que será a Ordenanza de uso do Galego na Administración Municipal de Lugo. A ordenanza será aprobada no vindeiro pleno do concello de Lugo e contará, segundo Antón Bao, co apoio de todos os grupos políticos con representación no pleno. Bao destacou que é moi importante o consenso de todos os grupos políticos á hora de aprobar esta cuestión xa que a lingua de todos non debe ser unha arma de debate político e aproveitou para agradecer a colaboración e o traballo dos voceiros de todos os grupos, tanto do goberno como de oposición, para elaborar este documento e chegar a acordos sempre coa mellor das predisposicións. Bao personalizaou na persoa de Arcadio Silvosa, vice-voceiro do PP, o seu agradecemento pola súa participación neste proceso.
Antón Bao sinalou que este era un compromiso do acordo de goberno, a normalización do idioma no conxunto do concello e esta ordenanza è o instrumento para garantir o desenvolvemento dese proceso de novo impulso ao noso idioma. Bao incidiu en que a situación do galego, con perda continuada de falantes, e usuarios precisa de compromisos claros das administracións públicas. Este paso dado polo concello è un exemplo da responsabilidade contraída para co noso idioma.
O concello de Lugo terá, a través desta ordenanza, unha ferramenta para desenvolver a Lei de Normalización Lingüística de Galiza, Antón Bao indicou que con esta ordenanza, o concello de Lugo, amplìa o seu grao de acciòn e preséntase como impulsor do incremento da presenza do galego na sociedade lucense.
Antón Bao lembrou que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega recolle como un dos seus artigos que un dos obxectivos das corporacións locais debe ser o de consolidar o seu papel normalizador por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados
No ámbito de aplicación da norma está previsto que sexa a totalidade de departamentos e actuacións do Concello de Lugo e todos os organismos que del dependan -padroados, organismos autónomos, sociedades autónomas municipais, etc... O regulamento tamén se aplicará a todas as empresas adxudicatarias ou concesionarias do concello, así como ás de explotación mixta.
No documento, presentado hoxe, queda estipulado que o Concello de Lugo manterá un Gabinete de Normalización Lingüística co obxectivo de impulsa-la normalización lingüística a tódolos niveis e coordina-las accións necesarias para dar cumprimento ó espírito do propio regulamento.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.