A Deputada de Medio Ambiente e EnerxÃas Renovables, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, e o presidente do colectivo organizador, o Club Rutas de Galicia, José Manuel Vega, presentaron na Sala de Xuntas do INLUDES a XI Ruta do Eo-Terras de Burón, un evento que volve a celebrarse tras 12 anos de parón con aires totalmente renovados, pois pasa de ter un carácter principalmente deportivo a ampliar os seus obxectivos cara a promoción do turismo medioambiental na provincia. De feito, os participantes poderán realizar o itinerario en calquera tipo de automóbil: 4x4, todo terreo, turismo ou moto trail. O encontro automobilÃstico terá lugar este domingo e luns, coincidindo coa ponte do Primeiro de maio para favorecer a participación.
Segundo anunciou López Izquierdo na rolda de prensa, a Deputación de Lugo colaborará co Club Rutas de Galicia coa gravación e edición dun CD sobre o certame, que se distribuirá entre medios de comunicación de toda España para incrementar a súa difusión e facilitar a continuidade no tempo da actividade. Das tarefas de elaboración do traballo audiovisual ocuparase un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
A organización espera que tomen parte na ruta turÃstica uns 80 vehÃculos, o que supoñerá unhas 160 de persoas, entre condutores e acompañantes. Os inscritos son da provincia de Lugo, pero tamén do resto de Galicia e incluso de fóra da comunidade autónoma, pois está prevista a participación de persoas chegadas de Madrid. O itinerario ten 190 quilómetros de lonxitude, que se dividirán en dúas etapas –unha o domingo e outra o luns- e discorrerá polos municipios de Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de PiquÃn, A Pontenova, Trabada, Ribadeo e Riotorto.
A Deputada de Medio Ambiente destacou que o organismo provincial “ten que estar sempre do lado de iniciativas coma esta, pois coincide cun dos obxectivos fundamentais da Deputación: aproveitar os extraordinarios recursos medioambientais da provincia, sobre todo as nosas Reservas da Biosfera, para convertelos na verdadeira oportunidade económica de Lugo, xeradora de riqueza e emprego”. Sonsoles López engadiu que o Goberno provincial “está envorcado neste propósito dende o ano 2007, e especialmente neste 2012, cando conmemoramos o 10º aniversario da declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera pola UNESCO”. “Esta mesma semana presentamos a terceira gala Lvcvs Moda, precisamente dedicada a Terras do Miño; convocamos o I Concurso de Novos Deseñadores lucenses; organizamos un programa de rutas didácticas para escolares, que arrancará o 5 de maio; exposicións, un concurso de fotografÃa, conferencias... Todas, accións encamiñadas a potenciar o desenvolvemento das Reservas da Biosfera, pois é un valor que non estamos dispostos a desaproveitar”, subliñou.
O encontro que organiza o Club Rutas de Galicia, indicou a Deputada, “vai pola mesma senda, potenciando a Reserva do RÃo Eo, Oscos e Terras de Burón, un espazo do que a Deputación non é a máxima responsable, pero que non por iso deixamos de lado. De feito, este territorio estivo incluÃdo nas actuacións de desenvolvemento que levamos a cabo a través da primeira fase do programa Lug02, dotado en conxunto con 5 millóns de euros”.
Respectuoso co entorno
Pola súa banda, o Alcalde da Fonsagrada, ó igual co presidente do Club Rutas de Galicia, recalcou que se trata dun itinerario que respecta o medio ambiente, pois na súa maiorÃa discorre por asfalto, e está dirixido a todo tipo de persoas, dende os afeccionados a este tipo de rutas automobilÃsticas, como a un público familiar. Non ten un carácter competitivo, engadiu Argelio Fernández, “senón que se trata de pasar unha fin de semana agradable coas amigos ou coa familia, gozando en vivo e en directo das nosas paisaxes, cultura e gastronomÃa, pero tamén do contacto coas nosas xentes, que son un dos activos máis importantes da nosa terra”. O rexedor fonsagradino indicou asà mesmo que toda esta riqueza “quedará na retina dos participantes, que seguro farán de bos embaixadores da provincia”.
Neste mesmo senso, o presidente do Club Rutas de Galicia incidiu en que a ruta reverterá na actividade económica da zona pola que discorrerá o itinerario, “pois os participantes poderán comer en calquera restaurante da zona, facer paradas en establecementos ou mesmo respostar gasolina”. José Manuel Vega avanzou asà mesmo que esta actividade é o punto de partida dunha ampla programación que levará a cabo a agrupación que preside, como rutas de sendeirismo ou en bicicleta de montaña.
Posta de largo de Rutas de Galicia
A ruta automobilÃstica organizada para esta ponte de maio pola comarca do Eo e Terras de Burón supón a posta de largo do Club Rutas de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que foi constituÃda hai un ano e medio retomando a actividade do colectivo Rutas del Eo, organizador nos 90 das dez edicións celebradas da Ruta do Eo-Terras de Burón. O novo colectivo, fundando por 5 socios veciños da provincia lucense, abre os seus obxectivos do ámbito deportivo orixinal ó turÃstico, e incorpora o uso das novas tecnoloxÃas nas rutas. Deste xeito, no seu portal web www.rutasdegalicia.es os usuarios poden visualizar e descargar os percorridos que ten preparados a agrupación e realizalos usando dispositivos de navegación. A agrupación está adherida a wikiloc.com o sitio web de referencia na Rede para descubrir e compartir rutas ó aire libre.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.