
O Espazo de Cámara da Universidade de Santiago fai un chamamento á comunidade musical para que participe nun novo encontro orquestral con docentes do panorama profesional galego que terá lugar entre os días 27 e 29 de abril en Compostela e que finalizará con dous concertos, en Santiago e Lugo, para homenaxear a Claude Debussy no 150 aniversario do seu nacemento.
A USC fixo en 2010 unha aposta clara pola música de cámara ao integrar á comunidade universitaria con formación musical na Orquestra do Espazo de Cámara da USC. No proxecto, que se mantén permanente con ensaios semanais, séguese unha programación didáctica na que os seus corenta integrantes alumnado e profesorado universitario- amplían a súa formación orquestral baixo a supervisión de Mario Diz.
Na súa ansia por ampliar coñecementos e experiencias, os membros da orquestra universitaria concentraranse a última fin de semana de abril para realizar ensaios e clases con docentes convidados pertencentes a diversos centros educativos musicais así tamén como da Real Filharmonía de Galicia. Este encontro queren compartilo con estudantes de música de 2º ciclo de Grao Profesional e Grao Superior, aos que abren a convocatoria de inscrición ata o 25 de abril.
En concreto, terán unha oportunidade única de empaparse das ensinanzas de profesionais como o violinista Sergio Heredia, a viola Anne Slossmacher, o violonchelista Guillermo Alzugaray e Alfredo Varela nos ventos.
O encontro culminará nos concertos Homenaxe a Claude Debussy. 150 Aniversario do 31 de abril en Santiago e do 1 de maio en Lugo, cun formato orixinal que sorprenderá ao público e cun programa composto por obras significativas como as Danzas Sacra e Profana para orquestra de corda e arpa solista, coa especial colaboración da arpista salmantina Reyes Gómez Benito; dúas Gynopedias de Erik Satie orquestradas polo propio Debussy; as Danzas Húngaras de Bèla Bartok; e o tango Río Sena de Astor Piazzola orquestrado por Mario Diz para a ocasión.
Os detalles do encontro presentáronos este xoves en Fonseca o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o responsable da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro; e o director do Espazo de Cámara, Mario Diz.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.