
Tivo lugar, no salón de actos da Deputación, a presentación da III Semana do Libro e da Lectura que organiza a Área de Cultura da Deputación na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, e que nesta ocasión vai xirar en torno a algo tan presente na nosa cultura como é a superstición. No acto participou o delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro. A Semana do Libro e a Lectura arrancará o vindeiro domingo día 22 ás 12 da mañá, coa actuación de Pablo Trasno, que fará soñar aos nenos coa maxia, a risa, a emoción e a tenrura do seu espectáculo; e rematará o sábado día 28 ás 12, coa Fábula Galénica Fantoches Baj.
Como afirmou Mario Outeiro, como en edicións anteriores, esta semana terá por obxectivo a realización de actividades relacionadas co libro, a lectura e a cultura por parte dos centros de ensino, para os que hai actividades pola mañá, e para as familias, en horario de tarde. Como lembrou o delegado de Cultura, esta semana tivo un grande éxito en anteriores adicións, e nesta tamén o está a ter, xa que todas as horas que os centros de ensino tiñan dispoñibles para traeren aos alumnos e alumnas están ocupadas, co cal ao longo dalgunhas mañás da semana que vén pasarán polo pazo de San Marcos ao redor de 400 nenos e nenas dos centros de ensino de Lugo. Polo tanto, agardamos que esta terceira Semana do Libro e da Lectura se volva a converter nun espazo no que as palabras sirvan para transportar aos nenos e nenas a mundos imaxinarios, cheos de fantasía, no que os máis novos pola súa imaxinación e creatividade sexan os protagonistas
Esta III Semana do Libro e a Lectura será un espazo aberto e dinámico no que os pequenos e pequenas, os libros, a fantasía, a ilusión e a creatividade serán os protagonistas. As actividades da mañá, dirixidas a centros de Educación Primaria e Educación Secundaria tanto da cidade como de outros concellos da provincia e realizadas en horario lectivo, incluirán cantacontos e distintos obradoiros de ciencias, cociña, elaboración de monicreques, oralidade, ilustración ou de traballo con cartón. Achegarán aos nenos e nenas ao mundo do libro, fomentarán neles o gusto pola lectura e desenvolverán as súas capacidades creativas. As actividades para público en xeral son dirixidas a familias, que poderán disfrutar delas a partires das 18:30 horas, e pretenden amosar a parte máis lúdica da lectura. Hai dende contacontos ata representacións teatrais e talleres de costura. A mostra compleméntase coa exposición permanente de ilustradores e ilustradores e dos materiais elaborados polo alumnado dos centros de ensino participantes.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.