O Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, e a Fundación Preescolar na Casa reforzarán a colaboración que manteñen para fomentar o consumo responsable desde a infancia. Será grazas a un acordo que asinaron a directora xeral de Comercio e presidenta do IGC, Nava Castro, e maila presidenta da Fundación, María Soledad Fernández Rocha, que contempla a posta en marcha de distintas accións formativas e de información ao longo de todo o ano.
Esta iniciativa permite achegar a actividade da Escola Galega de Consumo, que atendeu o ano pasado a máis de 10.000 usuarios no ámbito formativo e divulgativo, ás persoas e familias do medio rural, ámbito principal de actuación desta Fundación que desenvolve un programa de formación para pais e nais que atende de forma directa a preto de 3.000 familias en toda Galicia.
Entre as actuacións a realizar inclúense programas de formación en materia de consumo dirixidos tanto aos profesionais que traballan na Fundación como ás propias familias, así como a elaboración de material divulgativo. Ademais, o acordo servirá para afondar na difusión dos dereitos dos consumidores e consellos sobre a seguridade dos produtos a través do programa da Televisión de Galicia Preescolar na Casa e dos distintos espazos radiofónicos e medios de comunicación nos que ten presenza a Fundación.
A Consellería de Economía e Industria dá así un novo paso na formación da cidadanía en materia de consumo, que ten un tratamento destacado na nova Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias como ferramenta para elevar o nivel de coñecemento e protección dos seus dereitos. Neste sentido, a nova lei recentemente aprobada no Parlamento contempla a creación dunha rede de centros de Educación para o consumo responsable, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, ademais de crear a Mesa para o Fomento do Consumo Responsable, da que formarán parte as entidades locais e as organizacións de consumidores.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.