Notas de prensa

A primeira Lei da Xuventude de Galicia garante a aposta pola participación xuvenil

Unha das características máis salientables do proxecto da normativa presentado no Parlamento galego é o cambio do actual modelo de participación xuvenil cara “un verdadeiro” sistema de representación da mocidade.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu no Parlamento de Galicia o proxecto de Lei de Xuventude de Galicia, que responde a unha débeda pendente coa mocidade galega, xa que desde a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1981, houbo varias tentativas de aprobar unha Lei para a xuventude, sen que chegasen a obter ningún resultado.

O proxecto da Lei de Xuventude de Galicia, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, garantirá a transversalidade administrativa das políticas da Xunta dirixidas á mocidade. O texto lexisla a acción unitaria de goberno e a coordinación dos diferentes departamentos da Administración á hora de poñer en práctica medidas que afecten á xuventude. Esta planificación das políticas de mocidade efectuarase a través da elaboración en cada lexislatura dun Plan Estratéxico de Xuventude, que pasará a ter un carácter vinculante, xa que se deberá tramitar como acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Nesta materia, é necesario reforzar a transversalidade e coordinación das políticas públicas destinadas á xuventude. Deste xeito, o proxecto de Lei conta con dez eixos básicos vinculados ás directrices europeas en materia de xuventude e que deben ser potenciados a través da coordinación entre todos os axentes implicados. Estes eixos relaciónanse coa educación; emprego; creatividade e espírito emprendedor; vivenda; saúde e deporte; participación e asociacionismo; voluntariado; información e formación; mobilidade e turismo xuvenil; e dinamización lingüística.

Unha das características máis salientables do proxecto de Lei de Xuventude de Galicia é o cambio do actual modelo de participación xuvenil cara “un verdadeiro” sistema de representación da mocidade. O texto propón a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que reforza e impulsa a participación da mocidade e da sociedade civil nos temas de interese para a xuventude.

Precisamente, o novo texto facilita a incorporación de todas as asociacións xuvenís ao Consello, xa que se elimina o requisito actual polo que unha asociación non podía formar parte deste órgano sen contar co visto e prace das entidades preponderantes. Tamén se facilita e se promove a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de participación e dar máis protagonismo aos concellos.

Ademais de fomentar a participación xuvenil, o proxecto tamén dota de máis competencias ao Consello, ao asumir este as funcións do Observatorio Galego de Xuventude, que na actualidade depende directamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O texto tamén contempla a creación da Escola Galega de Xuventude como órgano especializado na educación non formal relacionada coa mocidade.

Maior coordinación

Outra das características desta Lei é a creación do Instituto Galego de Xuventude como órgano técnico especializado, adscrito ao departamento competente, e que terá como misión a materialización dos principios de información á xente nova, formación continua en materia de mocidade e asesoramento técnico en políticas públicas de xuventude. A posta en marcha do Instituto non suporá a creación dun novo ente administrativo, senón que será unha configuración orgánica co nivel de subdirección xeral.

Achegas da sociedade

Máis de 1.500 persoas, na súa gran maioría mozos e mozas de asociacións e grupos informais, participaron nos 39 foros de debate e encontros organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, para difundir e debater o texto do proxecto de Lei de Xuventude de Galicia.

Ademais, a información sobre esta Lei foi tamén enviada a todos os concellos da Galicia, ás asociacións xuvenís, ás escolas de tempo libre, aos 20.000 mozos e mozas da base de datos de usuarios dos programas de Xuventude e aos 6.000 seguidores dos perfís da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nas redes sociais Facebook, Tuenti e Twiter.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES