Notas de prensa

A AELG conmemora o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) animou á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro recollido oficialmente no Calendario do Libro e da Lectura.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está promovendo unha serie de actos organizados por concellos, asociación culturais e a propia AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, no que se conmemora o 175 aniversario do nacemento da nosa autora.

A AELG busca ademais institucionalizar ese Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.

Estes son os actos coordinados pola AELG:
Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00 (telf. de contacto 699 11 54 69)
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30 (telf. de contacto 628 743 764)
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30 (telf de contacto 655 432 511)
Ourense, Liceo, 19:00 (telf de contacto 629 363 950)
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00 (telf. de contacto 607 755 914
Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO), 19.30 (telf. de contacto 608 08 16 08)
A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18.30 (telf. de contacto 616 124 521)
Pontevedra, Casa das Campás, 18.00 (telf. de contacto 680 288 487)
A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19.00 (telf. de contacto 636 032 750)
Monforte, Centro de interpretación do viño, 21.00 (telf. de contacto 609 273 957)

En cada un destes actos o coordinador/a, socio ou socia da AELG, lerá unha Declaración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 175 anos despois do seu nacemento, do que adiantamos o primeiro parágrafo:

Hoxe Rosalía
como berro que reclama e revive en presente atemporal a reivindicar a presenza de lingua e identidade en todos os recunchos do noso país.

Moitos centros de ensino confirmaron que celebrarán actividades relacionadas co Día de Rosalía.

Así mesmo, varios concellos do país aprobaron ou están en vías de oficializar este día a raíz da proposta de moción que a AELG enviou aos distintos grupos municipais. Confirmamos este trámite para nos concellos de A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pontenova, Arteixo, Arteixo, Betanzos, Cangas, Ferrol, Laracha, Muros, Narón, O Rosal, Ponteareas, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Santiago, Teo, Tui, Valdoviño, Viana do Bolo, listaxe que irá aumentando nos próximos días segundo se vaian celebrando os plenos.

Tamén as librarías se sumaron a esta xornada; así, por exemplo, Aira das Letras, de Allariz, regala unha flor a quen compren un libro os días 24, 25 e 26, e en Sabaríns, Baiona, o Mercado da Tía Ni celebrará o día de Rosalía agasallando a todos os seus clientes cun libro en galego.

Por outra parte, ás 20 horas, no Espazo de Arte de El Correo Gallego de Santiago de Compostela El Patito Editorial presentará o libro Follas Novas, ilustrado por Álvaro de la Vega, cunha mostra dos orixinais de Álvaro e tamén dos de Fausto para o libro La Flor/ A mi madre, e agasallarán aos presentes cunha rosa, que levará uns versos.

Info actualizada en:
http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=239

Gabinete de Comunicación da AELG, 2012-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES