Notas de prensa

Xornalistas alemáns coñecen a oferta turística galega que tamén se promociona en Novatur

A Xunta de Galicia participa cun stand do Xacobeo na sétima edición da Feira Internacional de Turismo Navartur que ten lugar en Pamplona entre os días 17 e 19 de febreiro. Xornalistas alemáns coñecen a través de Turgalicia a oferta de turismo cultural galego.

A Xunta de Galicia, a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo participa na Feira Internacional de Turismo Navartur que celebra a súa sétima edición entre os días 17 e 19 de febreiro. A feira terá lugar no Palacio de Ferías y Congresos Baluarte de Pamplona, e ten un carácter mixto, para profesionais e público en xeral. A feira conta cun espazo expositivo de 6.000 m2 que ocuparán 150 expositores nacionais e internacionais. O Xacobeo non só proporcionará información relativa aos Camiños senón tamén sobre Galicia como destino turístico.

A feira compleméntase cunha importante oferta de actividades paralelas. Destaca o III Congreso Internacional de Turismo Rural que o pasado ano reuníu a máis de 350 participantes entre expertos e congresistas que achegaron experiencias innovadoras de Alemaña, Austria, Gran Bretaña, Francia, Portugal e España. O congreso, considerado polos organizadores como o evento máis importante relacionado co Turismo Rural que se celebra no sur de Europa, centra o seu programa desta edición nos produtos culturais como motores do desenvolvemento nas áreas rurais. Sobre este tema xirará o programa de relatorios, mesas redondas, obradoiros ou experiencias, con singular relevancia para os espazos de “networking”.

A oportunidade desta feira radica en que dende hai anos a demanda turística en toda Europa, incluíndo España, está a cambiar. Os tradicionais paquetes de viaxes sobre todo no segmento do mercado de sol e praia veñen a ser substituídos por outros produtos baseados no turismo cultural, relixioso e natural, onde encaixan perfectamente non só os Camiños de Santiago senón a oferta galega en xeral, sinalándose tamén que este tipo de turismo pode xogar un papel moi importante no desenvolvemento económico das zonas rurais.

Segundo os datos facilitados pola Oficina do Peregrino, ao longo do ano 2011 un total de 9.348 peregrinos –isto é o 5,10% dos camiñantes a Santiago que recolleron a Compostela- comezaron o Camiño en Roncesvalles; o 2,31% dos peregrinos que recolleron a Compostela o ano pasado en Santiago comezaron a súa andaina en Pamplona, máis de 4.200 persoas.

Xornalistas alemáns coñecerán a oferta de turismo cultural de Galicia

Seis xornalistas alemáns poderán coñecer a oferta de Turismo Cultural da Comunidade galega, a través dunha viaxe organizada por Turgalicia en colaboración coa a oficina de Turismo de España en Düsseldorf. Ademais, os comunicadores de Alemaña participarán nos entroidos de Laza, Verín e Xinzo de Limia e achegaranse a parte da oferta de enoturismo de Galicia, visitando adegas pertencentes ás Denominacións de Orixe do Ribeiro e Monterrei.

Esta viaxe, organizada co obxectivo de difundir os valores turísticos de Galicia relacionados coa cultura en Alemaña, comezará o día 17 de febreiro e estenderase ata o mércores día 22 e nela participarán xornalistas especializados en turismo e viaxes do noroeste de Alemaña dos medios de comunicación Redaktionsbüro Benning, Westfäliche Nachrichten, Rhein-Ruhr Magazin, SMV Verlag, Reiselust24 e Spanien Reisemagazin.

Nesta visita á Comunidade galega, os xornalistas poderán coñecer á súa chegada a Galicia a cidade de Santiago e o seu casco histórico, declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

O día 18 de febreiro, os profesionais da comunicación alemáns visitarán a vila histórica de Ribadavia, ademais dunha adega da denominación de orixe Ribeiro. Este mesmo día, os xornalistas alemáns realizarán unha visita ao centro histórico da cidade de Ourense, onde tamén poderán gozar do ambiente do entroido.

Os xornalistas participarán o domingo 19 no desfile do Entroido de Verín e gozarán toda a xornada do ambiente festivo da capital da comarca de Monterrei.

O luns 20, os convidados asistirán ao Entroido de Laza para gozar do Luns borralleiro, mentres que a xornada do martes, estará dedicada a visitar o Val de Monterrei e a súa fortaleza. Ademais, ese día tamén poderán coñecer a oferta enolóxica desta Denominación de Orixe vitivinícola.

Por último, o martes 21 de febreiro os xornalistas alemáns terán a oportunidade de coñecer o Entroido de Xinzo de Limia, participando no desfile principal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES