A Uned Senior de Xestoso visita Sogama
Concienciar á poboación da importancia de reducir o consumo, para xerar menos llixo, era o obxectivo fundamental desta actividade.

Visitamos SOGAMA(Sociedade Galega para o Medio Ambiente), no concello de Cerceda. Os rapaces que no la amosaron xestionaron moi ben a visita.De
feito, algúns chegamos alà cunha idea bastante negativa do complexo, e
saÃmos pensando que é un mal menor con respecto aos antigos vertedoiros de lixo.
De todas as maneiras, pensamos que o máis importante é concienciar á
poboación da importancia de reducir o consumo, para xerar menos llixo.
Despois, reutilizar todo o posible, e o resto separalo debidamente. E as
administracións tiñan que vixiar e sancionar a toda aquela persoa que non o
fixese.
Por último, buscar alternativas á icineración, porque, polo visto, hainas.
Uned Senior de Xestoso, 2012-02-15
Actualidad

EuroPCom, a Conferencia Europea de Comunicación Pública, é a maior reunión anual de expertos en comunicación pública de Europa organizada polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello, o Banco Europeo de Investimentos, o Comité Económico e Social Europeo e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. O evento ofrece unha plataforma para explorar as últimas tendencias, iniciativas e ideas no ámbito da comunicación pública. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou nesta Conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións, e celebrada baixo o lema 'Máis alá das palabras. Unha historia de confianza'.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de Ben de Interese Cultural da Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mÃnimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta distinción, que se suma á de Festa de Interese TurÃstico Internacional acadada en 2007, chega tras o visto e prace a este decreto por parte do Consello da Xunta este pasado luns, 30 de xullo, e logo de completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables.