O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou os premios da Gala da Cultura organizada pola Deputación da Coruña como a proba da Galicia, célula de universalidade, dun país sen muros nin fronteiras que nunca veu no alleo unha ameaza, senón un complemento.
O responsable do Goberno galego afirmou que estes premios dan fe de que Galicia é unha paixón ininterrompida. Vencella a diferentes xeracións e faise presente en todas as épocas. Galicia non ten soamente un século de ouro cultural. Os seus creadores douran todos os séculos cunha vontade que aquí faise de novo evidente.
Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que desa célula xa forman parte o grupo Pülsar e o seu rock cercano e natural, o traballo en artes gráficas de Sonia Higuera, o ilustrador Iván Suárez, o guionista Ignacio Vilariño e o músico Javier Martínez Campos. Nesa Galicia aberta a todos os ventos da cultura engadiu- están os artistas Fruela Alonso, Berta Álvarez Cáccamo e Antonio Carbajo Villaverde. Tamén Víctor Hugo Costa Alonso e a pintora Victoria Diehl López. Carlos Maciá, Yolanda Martínez Dorda e José Andrés Santiago Iglesias, son partícipes desa liña de continuidade da actividade cultural. Manuel Guede é un nome asociado ao teatro galego. Esther Bendahan Cohen, en fin, tráenos os ecos de Sefarad que soan tamén na nosa terra.
O presidente da Xunta afirmou que esa universalidade foi alimentada así mesmo por galegos adoptivos, por homes que non naceron entre nós pero que se fixeron nosos polo seu traballo e as súas iniciativas. E, neste sentido, destacou a necesidade de lembrar a un salmantino imprescindible para entender a cultura galega destes últimos trinta anos. Falo dixo- de Germán Sánchez Ruipérez, creador de Edicións Xerais. Quixo a esta terra, e da súa man viron a luz creacións literarias que enriquecen o noso patrimonio espiritual.
Feijóo concluíu resaltando que os galardoados e as persoas que prestan o seu distintivo a estes premios son a expresión dun pobo que precisa da cultura para sobrevivir. A cultura non é superflua en ningures. Pero en Galicia a cultura expresa ademais o desexo de seguir sendo como somos, de ser partícipes da civilización universal desde as nosas raigañas. Cada libro, cada banda deseñada, cada acorde, cada gravado desa selección de galegos, é unha contribución á nosa liberdade. Eles fixéronnos e fannos máis libres. Grazas a eles sabemos que as armas fundamentais desta terra son a palabra, a imaxe, o son.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.