
Xantar pecha esta tarde as súas portas logo de cinco xornadas de intensa actividade nas que os profesionais da gastronomía, o turismo e a hostalería consideraron a esta cita como o lugar idóneo para formarse e actualizarse. A falta de contabilizar os últimos datos desta tarde, a organización calcula que Xantar recibiu máis de 20.000 visitas, 17.000 das cales probaron algúns dos 30 menús ofrecidos polos 18 restaurantes.
As máis de 200 actividades do programa máis completo ata o de agora, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na meirande profesionais do sector. Este programa incluiu exhibicións de cociña en directo, máis de 30, impartidas por algúns dos mellores cociñeiros galegos e das rexións convidadas. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 25 catas comentadas catas comentadas de produtos como o viño, o queixo, o mel, o aceite ou dos produtos adscritos a Galicia Calidade. A estas actividades hai que engadir as continuas degustacións ofrecidas polos expositores, máis de 90 en total. Estas foron as actividades que rexistraron maior participación entre os visitantes de Xantar que, ademais de achegarse ata Expourense a comer ou cear, aproveitaron para probar novos sabores e texturas, para aprender a preparar distintos pratos ou para coñecer novas posibilidades culinarias de produtos como o grelo ou as conservas de peixes e mariscos, produtos ecolóxicos, razas autóctonas e das rexións convidadas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, foi o encargado de presidir o acto de clausura oficial desta 13ª edición de Xantar, que definiu como unha cita con gran retorno para Galicia, tanto por razóns de imaxe e de promoción exterior, como polo interese entre o público e os profesionais do sector. O conselleiro tamén fixo referencia a que nun momento coma este de crise global e local, é preciso diferenciarnos cun esforzo singular de cada un de nós. Debemos
procurar a máxima calidade e a suma de vontades cun obxectivo único: axudarnos a medrar, a progresar e a dar a coñecer Galicia, nacional e internacionalmente.
Facendo referencia a estas palabras do conselleiro, Xantar quixo agradecerlles aos patrocinadores e colaboradores a súa fidelidade e compromiso co salón xa que a pesar da situación actual, as empresas e entidade habituais continuaron a apoiar esta cita. Cabe destacar ademais o esforzó realizado polos 133 expositores desta edición pola posta en escea dos seus produtos e servizos, polo coidado do detalle e polas numerosas degustacións e actividades que ofreceron ó público.
Día da cooperación transfronteiriza
Ademais do acto de clausura, celebrouse o día adicado á cooperación transfronteiriza, e tamén a Viana do Castelo e ó Concello de Castrelo de Miño. Entre as actividades do día destacaron os show cooking sobre bacallao e as catas de viños da rexión organizados por Viana do Castelo, e as degustacións sobre produtos das festas gastronómicas galegas como é o caso de Galo de Vila de Cruces. Tamén tiveron lugar varias catas comentadas de augas de Galicia Calidade e de licores e augardentes tradicionais de Galicia.
Xantar converteuse nesta edición nun dinamizador do turismo interno de Galicia. A creación do paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade para gozar dunha xornada ou dunha fin de semana atraendo a visitantes das cidades de A Coruña e Santiago de Compostela que acoden no tren AVANT. Máis de 320 persoas reservaron este paquete e visitaron a cidade e Xantar durante esta fin de semana.
Así remata unha edición que cumpriu cos obxectivos e as expectativas da organización e dos expositores. A vindeira cita de Expourense terá lugar entre o 2 e o 4 de marzo, cando se celebre a 19ª edición da Mostra da Oportunidade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.