Notas de prensa

Víctor Coyote e Ulträqäns, no circuíto “Artistas en ruta” pola música en directo

Agadic colabora coa iniciativa que a Sociedad de Artistas, Intérpretes o Ejecutantes desenvolve a nivel estatal co obxectivo de potenciar a música en directo. Os locais galegos acollen oito actuacións que arrancan na Iguana de Vigo.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co programa Artistas en Ruta na promoción da presenza galega dentro deste circuíto, organizado pola AIE (Asociación de Artistas, Intérpretes o Ejecutantes) en máis de 60 salas de música en directo de toda España. Víctor Coyote, Ulträqäns e sete locais galegos forman parte da carteleira elaborada para o primeiro trimestre de 2012 no marco desta programación, que vén desenvolvéndose desde hai máis de 15 anos co obxectivo de potenciar a música ao vivo en estilos como o pop, rock, folk e jazz, entre outros.

O músico de Tui Víctor Coyote presentará en directo os temas do seu último traballo discográfico, Dos años luz y cuarto, en Lleida (10 de febreiro no Café Teatre), Tudela (2 de marzo en Locura de Ángel), Pamplona (3 de marzo en El Bafle) e Xixón (17 de marzo en Monkey Club), mentres que os Ulträqäns ofrecerán unha mostra do seu folk-punk en Vitoria (16 de febreiro en Ibu Hots), Mayorga (17 de febreiro no Bar Secretos), Madrid (16 de marzo en Jymmy Jazz), na localidade segoviana de Cabaña de Polendos (17 de marzo en La Oveja Negra) e Cáceres (18 de marzo en El Corral de las Cigüeñas).

Selección

Ambas bandas foron seleccionadas xunto con outros 16 grupos e solistas de toda España por unha comisión integrada por xornalistas especializados, ademais de por representantes da AIE e das entidades colaboradoras, despois dunha convocatoria aberta a todos os grupos interesados, tanto noveis como consagrados.

Neste primeiro ciclo de programación, os sete locais galegos participantes acollerán un total de oito concertos protagonizados por Supersweet, que actuará na Iguana de Vigo o 27 de xaneiro e no Pub D’Antón da Laracha o 28 do mesmo mes; Eric Fuentes, que estará o 3 de marzo na Reserva de Carballo; e Mastretta, que tocará en marzo no Clavicémbalo de Lugo (día 15), El Ensanche de Vigo (día 16), El Náutico do Grove (día 17) e Aturuxo de Bueu (día 18).

Estas salas forman parte da área xeográfica do norte peninsular, que se completa con outros 15 espazos de Asturias, Cantabria, Castela e León e Euskadi. Existen, ademais, outras tres zonas que funcionan de xeito conxunto á hora de establecer o intercambio de artistas: Andalucía e Ceuta; Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana e Murcia; e Castela-A Mancha, Estremadura, Madrid, A Rioxa e Navarra.

Entre os obxectivos do circuíto están fomentar o intercambio cultural entre os diferentes artistas das comunidades autónomas, potenciar todos os estilos que se dan cita dentro da música popular, dar a coñecer os novos valores artísticos no eido da música, axudar á iniciativa privada e ao mercado musical en salas de pequena e mediana capacidade e, en definitiva, consolidar un circuíto localizado temporalmente no inverno que permita apoiar de xeito estable a maior variedade de propostas artísticas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES