Notas de prensa

Arranca o 2012 no Salón Teatro de Compostela con cine e artes escénicas

As últimas montaxes de Galileo Teatro, Talía Teatro, Licenciada Sotelo e Compañía e Inversa Teatro son algunhas das propostas que ocuparán o escenario. Abre a programación o espectáculo Tokio3 e proxéctase a versión en galego da película gañadora dos Goya 2011, a catalana Pa Negre.

O Salón Teatro de Santiago comeza a súa programación para 2012 cunha carteleira bimestral que inclúe cinco espectáculos de teatro, un de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iniciará coa estrea do último espectáculo da compañía galega Voadora este primeiro período de actividade anual, durante o que computará un total de 16 xornadas con funcións dirixidas ao público.

A ocupación do Salón Teatro, que non se limita aos días de apertura aos espectadores xa que distintas formacións realizarán xornadas de residencia artística e técnica no seu escenario, iniciarase cara ao público o 13 de xaneiro coa estrea de Tokio3, a última produción de Voadora. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos; José Díaz, Borja Fernández, Uxía P. Vaello, Hugo Torres, Sergio Zearreta e a propis Pazos interpretan esta nova proposta, a terceira na traxectoria da compañía despois de PeriFeira e Super8.

Versión galega de Pa Negre

Tokio3 estará dous días (13 e 14 de xaneiro) no Salón Teatro, para ceder despois a quenda a outras dúas xornadas de proxección (16 e 17) da versión en galego de Pa Negre, a película de Agustí Villaronga vencedora dos Premios Goya 2011 e candidata española ao Oscar 2012 ao mellor filme de fala non inglesa.

A continuación (venres 20 e sábado 21), Teatro Galileo porá en escena Sempre quixen bailar un tango, espectáculo realizado a partir da obra de Teresa González Costa galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2008, no que Pedro Rubín dirixe a un elenco integrado por Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e Tanas.

O venres 27 de xaneiro o Salón Teatro acollerá a gala dos premios Galicia Calidade que organiza cada ano Turgalicia.

Dobre presenza de Talía Teatro

Xusto despois, Talía instalarase por dúas semanas no espazo do CDG para ofrecer catro funcións de dous dos seus últimos espectáculos. Así, o sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro a compañía de Cee representará Pelos na lingua (de Avelino González, Sechu Sende, María Ordóñez e Artur Trillo con dirección de Avelino González e interpretación a cargo de María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo); en tanto que o venres 3 e o sábado 4 de febreiro actuará con Volpone (de Ben Johson con dramaturxia e dirección de Roberto Salgueiro e interpretación de Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Ríos, Diego Rey, Gustavo G. Dieste, David Creus e Rubén Prieto).

O cinema volverá a ocupar o Salón Teatro o mércores 8 coa proxección da curtametraxe titulada Conversas cunha muller morta, de Sonia Méndez, en tanto que a escena máis innovadora será a protagonista nas seguintes funcións previstas, as que se corresponden co espectáculo de danza contemporánea dirixido e creado por Ana Vallés Usted está aquí, a cargo de Licenciada Sotelo e Compañía (10 e 11 de febreiro); e coa montaxe de Inversa Teatro Paper Dolls. O silencio das damas, que interpretan Vanesa Sotelo e Marta Pérez baixo a dirección de Lola Correa (18 e 19 de febreiro).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES