
A iniciativa Cancións por regalos abre a programación da Cidade da Cultura para este novo ano 2012 cun concerto solidario o martes 3 de xaneiro ás 18,00 horas na Biblioteca de Galicia. Este actividade contará coas actuacións de cinco das mellores bandas pop nacionais, onde para entrar non fará falla mercar unha entrada, senón que abondará con entregar un regalo que despois a ONG Iniciativa Social Berce fará chegar a un neno con poucos recursos.
Mehnai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Bentley e Abraham Boba serán os protagonistas da segunda edición de Cancións por regalos, iniciativa que se celebrou o ano pasado durante a programación do Xacobeo 2010 e que contou cunha excepcional acollida por parte do público. As bandas que participantes ofrecerán un repertorio adaptado a un formato acústico e dirixido a un público familiar.
A través desta actividade, os asistentes gozarán dalgunhas das mellores bandas de indie-pop do momento como os galegos La Familia e a súa viaxe ao son dos 60; ou Jane Joyd, o proxecto musical da coruñesa Elba Fernández, situado na onda do novo folk americano. A lista complétase con Menhani e a súa mistura de calidez e melodía nunha voz prometedora con temas evocadores dun pop máis internacional; Alondra Benthley, unha songwriter perdida nalgún lugar entre o pop e o folk; e Abraham Boba, coñecido ultimamente por acompañar a Nacho Vegas e que trae ata o Gaiás un universo musical propio pero nun formato máis eléctrico que nunca.
Cancións por regalos enmárcase dentro da programación que a Cidade da Cultura deseñou especialmente para pasar este Nadal en familia no Gaiás e que concluirá este mércores 4 de xaneiro coas dúas últimas Visitas Máxicas ao Museo, que terán lugar ás 12 e ás 18 horas e para as que xa non hai prazas. O programa especial contou tamén con obradoiros de Xoguetes Sonoros, no que os nenos aprenderon a confeccionar e tocar instrumentos musicais tradicionais.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.