
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou en San Caetano, un convenio de colaboración coa presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Saleta Goy, polo que se acondicionará o auditorio da Fundación co obxecto de que reúna as condicións necesarias para poñer en valor a figura do escritor e tamén a localidade lucense de Outeiro de Rei, na que está emprazada a fundación. Segundo o texto do convenio, a Xunta de Galicia destinará a cantidade de 100.000 euros para converter ao auditorio da Fundación Manuel María de Estudos Galegos nun referente cultural para os veciños de Outeiro de Rei e nun atractivo turístico para a comarca a través da creación de rutas pola zona relacionadas coa obra e figura de Manuel María. O convenio terá vixencia ata o 30 de decembro de 2012 e o seu importe será financiado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013.
Ambas as dúas entidades son conscientes da necesidade de instalacións de carácter sociocultural que permitan unha adecuada oferta, co obxecto de satisfacer as necesidades que en materia cultural teñen os habitantes de Outeiro de Rei. A Xunta de Galicia ten atribuídas funcións en materia de fomento da cultura, e a través da Consellería de Cultura e Turismo vén desenvolvendo desde anos atrás unha serie de actuacións encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura e para achegar o máximo posible o noso patrimonio cultural á sociedade en xeral. Con este convenio a Xunta de Galicia asegúrase ter, dentro das posibilidades, os espazos necesarios para que poidan representarse as diversas manifestacións da cultura galega nun marco digno e adecuado ás necesidades reais dos nosos tempos.
As actuacións artísticas son un dos camiños polos que achegarnos aos xoves galegos para darlles a coñecer a súa cultura propia. Debido ás dificultades que en moitos casos entraña este tipo de actuacións, xa que se trata de atraer a unha serie de sectores de poboación amplos e selectivos e polo que, e sempre que é posible, a Consellería de Cultura e Turismo, trata de establecer convenios de colaboración coas diversas entidades da Comunidade Autónoma que se dedican a realizar actividades de carácter cultural, para que no seu respectivo ámbito poidan realizar aquelas actividades que se estimen de gran interese e utilidade social e cultural.
A Consellería de Cultura e Turismo ten interese no acondicionamento de locais culturais que se atopan nun estado de deterioro e polo tanto non óptimo para que as distintas entidades de Galicia poidan ofrecer á poboación unha oferta cultural axeitada é adecuada en base a unha programación feita polos entidades e conseguir así unha implicación por parte da sociedade galega nos distintos actos culturais.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.