
O Consello da Xunta aprobou o primeiro decreto que regula a atención á diversidade na educación en Galicia, unha norma importante que, segundo destacou o presidente galego, nace no obxectivo de que cada estudante obteña o máximo desenvolvemento das súas capacidades con independencia das súas circunstancias específicas. O obxectivo último é, en definitiva, que ningunha circunstancia persoal ou social sexa motivo de discriminación nos centros educativos da comunidade autónoma, sinalou Alberto Núñez Feijóo.
O presidente galego destacou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que dispón dun decreto deste tipo e salientou que supón a busca dun compromiso real coa atención á diversidade. Que os centros garantan a atención necesaria para que se reduza o absentismo e se consiga unha maior permanencia no sistema, concretou. Proporcionar, dentro do colexio, as mesmas posibilidades de éxito escolar con independencia dos alumnos que van a clase, afondou.
Escolarización en centros ordinarios
Núñez Feijóo destacou que este decreto implica a alumnos, profesores, familias, entidades sociais e á sociedade en xeral. Neste sentido, o presidente galego explicou que, no ámbito dos estudantes, o Goberno galego aposta pola redución do absentismo, do abandono escolar e da desescolarización, apostando pola escolarización en centros ordinarios de alumnos con necesidades específicas. O titular da Xunta concretou que este decreto regula o ensino en aulas hospitalarias para nenos ou nenas que estean ingresados, e establece accións para escolarizar estudantes en situacións excepcionais como os sometidos a medidas de responsabilidade penal, afectados pola violencia de xénero, polo acoso escolar ou menores que se atopen embarazadas.
O presidente galego referiuse ao ámbito do profesorado e explicou que este decreto inclúe a atención á diversidade entre as liñas prioritarias dos plans de formación e adiantou que cada centro deberá elaborar un Plan xeral de atención á diversidade de xeito que, a través do Consello Escolar, se revisen anualmente os criterios de atención á diversidade no centro.
Feijóo asegurou, por último, que as familias recibirán información e asesoramento sobre as características do alumnado de cada centro e as medidas a adoptar na súa atención, e subliñou que a Xunta avoga por unha maior colaboración con entidades e asociacións de atención á diversidade. Buscamos unha maior coordinación entre os centros e un maior compromiso de participación das familias, concluíu.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.