
San Eloi, prateiro francés, de hai máis de 1.400 anos, era un home profundamente honesto, que chegou a traballar para a Corte gala.
Co motivo desta celebración, o Colexio Oficial de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia organiza este sábado 3 de decembro a súa Gala Anual de San Eloi, na cidade da Coruña.
Esta Gala, organizada en colaboración co Gremio Provincial de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros da Coruña, segue a tradición de celebrar o Patrón nunha cidade distinta cada ano, co fin de achegarse aos colexiados de toda Galicia.
Esta cita, ademais de conmemorar un día moi sinalado para o sector, constitúe un punto de encontro que permite aos profesionais da xoiaría, procedentes de toda a xeografía galega, compartir un día entrañable e estreitar os lazos de amizade que xa os unen. Tamén serve de marco para render homenaxe a diversas persoas que se distinguiron pola súa dedicación ou apoio á xoiaría.
Entregarase
-No apartado de non colexiados: A medalla do Colexio a D. Antonio Couceiro Méndez, pola súa inestimable colaboración coa xoiaría galega, na súa etapa de Conselleiro de Industria e Comercio.
- No apartado de colexiados: A segueta de ouro do Colexio a D. Juan Manuel Candame Areosa, pola súa traxectoria profesional, un dos mellores, se non o melor, profesional das últimas décadas, pola súa dedicación ao sector, ao que entregou moito tempo e esforzo como Presidente da Federación Galega de Xoieiros e hoxe como Presidente da Asocición Española.
Neste apartado distínguense tamén a catro profesionais por levar toda unha vida dedicados á xoiaría, aos que se lle fai entrega das Seguetas de Prata, do Colexio.
Aproveitarase a gala para facer a presentación da Campaña de Publicidade do Colexio para este Nadal de 2011, que se difundirá por televisións, radio e medios de transporte públicos.
Para achegarse ao público e dar máis visibilidade ao traballo dos seus colexiados, aproveitarase a celebración desta Gala do San Eloi, para abrir unha páxina nunha das redes sociais máis utilizadas polos consumidores: Facebook.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.