
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou no acto conmemorativo do 30 aniversario da Facultade de Física, a importancia de que a investigación que se realiza nas facultades sexa posta en valor polo tecido produtivo, que as empresas dixo- vexan oportunidades no apoio á investigación das universidades. Conseguir unha aplicación práctica rendible dos coñecementos adquiridos en Facultades como esta é un dos retos aos que nos enfrontamos en Galicia no futuro inmediato. Estamos a falar, en definitiva, de talento, investigación de referencia e resultados, aseverou.
Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego afirmou que, en moitos casos, deberíase tomar como exemplo o traballo de moitos equipos de investigación presentes en facultades como esta á hora de propoñer solucións; un traballo que ven da observación, do coñecemento en profundidade do fenómeno que se estuda. E neste sentido, afirmou que, en materia económica, a política debe analizar ben as cousas, e non tomar decisións precipitadas, como parece ser que ten ocorrido nos últimos tempos.
Ao igual que fan os investigadores nesta e noutras facultades de todo o mundo, todos deberíamos facer ese esforzo de análise, de traballo serio na busca dun resultado que sexa útil de verdade. Non é este un tempo para a improvisación, senón para o traballo ben planificado e a busca conxunta de solucións realistas, aseverou.
O responsable do Goberno galego concluíu recoñecendo a labor das Universidades, formar persoas para que poidan sacar o mellor de si mesmas e para que o esforzo que supón a toda a sociedade esa formación, sexa devolto en forma de traballos, investigacións e aplicacións para a mellora da calidade de vida. E subliñou que esta facultade de Física é un exemplo nese sentido. De aquí levan saído nestes trinta anos uns 2.700 titulados que están contribuíndo a que Galicia siga mellorando e o seu capital humano aporte competitividade á nosa economía e, en consecuencia, garanta o benestar.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.