
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, participou hoxe na Coruña na presentación do galeón La Pepa, unha réplica dos galeóns españois que uniron España e América durante séculos e que percorre a costa española como centro de interpretación que conmemora o bicentenario da Constitución de 2012, de aí o seu nome.
O titular de Presidencia animou a todos os galegos a visitar este galeón durante os días que permaneza na Coruña, xa que ofrece unha grande oportunidade para coñecer mellor e máis a fondo o proceso de elaboración da primeira Constitución española, o primeiro chanzo cara a democracia liberal e o estado de dereito actual.
Rueda subliñou que con este galeón, que agora chega a Galicia tras pasar por País Vasco e Cantabria, viaxa unha parte importantísima da historia de España, polo que aplaudiu a iniciativa das institucións gaditanas e andaluzas para divulgar e compartir a relevancia daquela Carta Magna e das Cortes de Cádiz, nas que participaron en torno a 25 deputados galegos.
Acompañado polo conselleiro de Gobernación da Junta de Andalucía, Francisco Menacho; polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira; e pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o conselleiro fixo fincapé nos lazos que vinculan Andalucía e Galicia, co mar sempre como gran nexo de unión e citando tamén a loita pola independencia española ante Napoleón, sendo os últimos territorios en resistir o envite francés. No acto tamén estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo.
Galeón La Pepa
O galeón La Pepa percorre España conmemorando os 200 anos da primeira Carta Magna de España, promulgada o 19 de marzo de 1812. O navío conta con 55 metros de eslora, 11 de manga, case un milleiro de metros cadrados de superficie vélica e ten capacidade para acoller máis de 5.000 visitantes diarios.
No seu interior, alberga un contido de carácter museográfico que conxuga información sobre o barco e sobre a Constitución de 1812, a súa orixe, redacción, contidos e influenza. As visitas son gratuítas e o obxectivo é que as persoas que se acheguen entendan a importancia desta Carta Magna como un acontecemento fundamental na historia de España, tal e como recordou hoxe o conselleiro.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.