Notas de prensa

Santiago de Compostela acolle o I Encontro Alimentación e Saúde

O Clúster Alimentario e o Centro de Investigación Biomédica en Red organizan o primeiro encontro sobre alimentación e saúde en Santiago de Compostela para debater do presente e do futuro des alimentos saudables e comprender os seus beneficios.

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), a Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (Ptgal) e o Centro de Investigación Biomédica en Red - Fisiopatología de la Obesidad y la Nutrición (CIBERobn) organizan o I Encontro sobre Alimentación e Saúde, coa colaboración do Instituto de Promoción Económica de Galicia (IGAPE).

O encontro, que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, celebrarase venres 30 de setembro, no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. O obxectivo deste evento, entre a industria alimentaria galega e a investigación de excelencia en nutrición, “é debater sobre ou presente e futuro dos alimentos saudables e comprender as claves para identificar os beneficios destes produtos de alto valor engadido tanto para os consumidores como para a industria da alimentación”, explica José Luis Antuña.

O presidente do CLUSAGA será o encargado de dar a coñecer as principais investigacións que se están desenvolvendo e as súas consecuentes aplicacións e produtos, xunto cos retos, as tendencias e as oportunidades para o sector. Entre os expertos que participarán nesta cita estarán o Dr. Felipe Casanueva, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do Hospital Universitario de Santiago, catedrático de medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e presidente do Comité Executivo da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía (ISE); o Dr. Andreu Palou, catedrático de bioquímica e bioloxía molecular e director do Laboratorio Xeral de Bioloxía Molecular, Nutrición e Biotecnoloxía da Universitat de Illes Balears (UiB); o Dr. Ramón Estruch, consultor sénior do Hospital Clínic de Barcelona e profesor asociado na Facultade de Medicina da Universitat Barcelona (UB); e a Dra. Clotilde Vázquez, endocrinóloga xefe do Servicio de Nutrición del Hospital Ramón y Cajal de Madrid.

Ademais, para comprender as tendencias de consumo e o cambio na sociedade actual contarase coa participación da Dra. Cecilia Díaz-Méndez, docente en socioloxía do consumo e directora do grupo de investigación de socioloxía da alimentación na Universidade de Oviedo.

A xornada vai dirixida a directivos e técnicos de empresas alimentarias e biotecnolóxicas, investigadores e responsables de centros de investigación e tecnolóxicos e a todos aqueles profesionais doutros sectores teñan interese nesta temática.

Clúster Alimentario de Galicia, 2011-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES