Notas de prensa

Amplíase o proxecto Abalar con 77 novos centros educativos galegos

A Consellería de Educación integra a 77 novos centros educativos no proxecto Abalar o vindeiro curso académico, que se suman aos 300 do curso anterior. O obxectivo e chegar a máis de 31.500 alumnos no vindeiro curso 2011-12.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incorporará 77 novos centros educativos no marco do proxecto Abalar o vindeiro curso académico, 37 máis dos inicialmente previstos para o 2011/2012. Deste xeito resólvese a convocatoria presentada no presente ano, á que concorreron 180 centros que aspiraban a integrarse dentro da rede Abalar.

O número de aulas informatizadas continúa a incrementarse ata acadar o obxectivo de chegar a máis de 31.500 alumnos e alumnas no vindeiro curso. Segundo a listaxe definitiva, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), dos 77 novos centros que pasarán a formar parte do proxecto, 35 pertencen á provincia da Coruña e 23 á de Pontevedra, mentres que na de Lugo entrarán a formar parte da rede Abalar 11 novos centros, e en Ourense serán 8 os que se incorporen.

Mellora continua

O departamento, dirixido por Xesús Vázquez Abad, segue adiante coa mellora do proxecto, traballando na electrónica de rede dos preto de 300 centos incorporados o curso pasado, posto que estes incrementarán a súa oferta estendendo o proxecto aos cursos de 6º de primaria e 2º da ESO.

Con esta iniciativa, a Consellería busca implicar ao alumnado, profesorado e ao conxunto da poboación galega na nova realidade tecnolóxica, fomentando a alfabetización dixital e incorporación das novas tecnoloxías á vida diaria. Ademais para concretar este obxectivo, Educación segue a traballar no desenvolvemento do portal Espazo Abalar, que favorece a interactividade entre os membros da comunidade educativa – docentes, familias e alumnado- e facilita o seguimento académico do alumnado por parte das familias.

Cómpre recordar que ademais de ter centros dotados conforme ás necesidades do alumnado, a clave do sistema educativo galego é a profesionalidade do profesorado, sen o cal sería imposible lograr a excelencia educativa. Neste sentido a Consellería impulsa tamén a formación do profesorado implicado na integración das novas tecnoloxías no sistema educativo, facendo fincapé nos coordinadores Abalar que desenvolven o proxecto en cada un dos centros participantes.

Con estas actuacións a Consellería continúa a dar pasos na transformación do sistema educativo tradicional cara un novo modelo plenamente informatizado, propiciando o salto cualitativo e tecnolóxico das aulas galegas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-08-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES