Notas de prensa

A Biblioteca Provincial de Lugo entrega os premios das Letras Galegas

A Biblioteca Provincial de Lugo entrega os premios aos escolares gañadores do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2011. Un total de 40 nenos e nenas recollerán os premios e accésits outorgados polo xurado, que presidiu o xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina.

A Biblioteca Provincial de Lugo entrega os premios do Certame de Debuxo e Narración Letras Galegas, no que participan traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 22 bibliotecas públicas municipais da provincia e a propia Biblioteca Provincial.

O acto de entrega de premios dará comezo o mércores 29 de xuño ás seis da tarde, e estará presidido polo xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina, que tamén encabezou o xurado. Actuaron como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca; Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación, e o pintor Manuel Gulín Rodríguez, sendo secretario Xulio Giz Ramil.

Recollerán os seus premios e accésits un total de 40 nenos e nenas da provincia, divididos en tres categorías por tramos de idade. A primeira, categoría A, engloba aos participantes de ata 8 anos; a categoría B, a escolares de 9 a 11 anos, e a categoría C, a estudantes de 12 a 16 anos.

A relación de gañadores na modalidade de debuxo é a seguinte:

Categoría A:

Sara Álvarez Civeira. 5 anos. Biblioteca Provincial
Ivan Sobreira Solar. 6 anos. Biblioteca de Antas de Ulla.
Marta Muíña Bermúdez. 7 anos. Biblioteca de Mondoñedo

Accésits:
Claudia Pérez Portomeñe. 6 anos. Biblioteca Provincial.
Alexandre A. Santiago López.7 anos. Biblioteca de Foz
Pablo Fernández López, 7 anos. Biblioteca de Chantada

Categoría B

Mónica Díaz Fraga. 9 anos. Biblioteca Provincial.
Irene Rico Gómez. 11 anos. Biblioteca de Burela
Claudia Ares Vila. 9 anos. Biblioteca de Monforte

Accésits:
Paula Barreiro Rodríguez. 9 anos. Biblioteca Provincial
Eduardo Martín de Burgos. 11 anos. Biblioteca de Barreiros
Paula López Viana. 11 anos. Biblioteca de O Saviñao


Categoría C

Wilmer Marte. 13 anos. Biblioteca Provincial
Vanessa Alvarez. 15 anos. Biblioteca de Mondforte
Ainhoa Mateos. 16 anos. Biblioteca de Monforte

Accésits:

Adrián Varela Villamor. 13 anos. Biblioteca Provincial
Juan Luis Gómez Iglesias. 12 anos. Biblioteca de Ribadeo
Silvia García Anello. 12 anos. Biblioteca de Alfoz.


Pola súa banda, os premiados na modalidade de narración foron os seguintes:

Categoría A

Jorge Estraviz Cerdeira. 7 anos. Biblioteca Provincial.
Antía Lillo Irimia. 7 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Yago Montero Gradaílle. 8 anos. Biblioteca de Burela.

Accésits:

Hugo García Mariño. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Pablo Rubal Losada. 8 anos. Biblioteca de Burela
Mohamé El Brahmi. 6 anos. Biblioteca de Foz.
Yolanda García Pena. 8 anos. Biblioteca de Viveiro.

Categoría B

Alfonso González Guinarte. 11 anos. Biblioteca Provincial
Inés González Fernández. 11 anos. Biblioteca de Ribadeo
Sara Navarro Doval. 11 anos. Biblioteca de Sober

Accésits:

Iván García Álvarez. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Pilar Romero González. 10 anos. Biblioteca de Burela
Ánxela Jorge Vidal. 11 anos. Biblioteca de Sober
Javier Álvarez Méndez. 9 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Claudia Ares Vila. 9 anos. Biblioteca de Monforte.

Categoría C

Codés Lillo Irimia. 13 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Andrea Buján Valín. 16 anos. Biblioteca Provincial.
Carmen Rodríguez Rodríguez. 14 anos. Biblioteca de Ribadeo.

Accésits:

Daniel Fernández Fernández . 15 anos. Biblioteca de Ribadeo.
Saúl González Eiros. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Fátima Reino Reigosa. 14 anos. Biblioteca de Lourenzá.
Álvaro Fernández Álvarez. 16 anos. Biblioteca de A Fonsagrada.

Os premios están dotados con cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits, que se conceden diante da cantidade e calidade dos traballos presentados, con diploma e lote de publicacións.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, 2011-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os días 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxía, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións científicas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifícase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá do 10 ao 14 de agosto dous congresos internacionais, o Third Solar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology, coincidindo co fenómeno da eclipse. Dúas citas para especialistas na materia que contan coa colaboración da Universidade da Coruña.
Financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa, o proxecto HYP-Hypothesis You Preserve, ten entre os seus obxectivos a creación dunha 'enciclopedia dixital colaborativa de historia alternativa', unha disciplina que propón reflexionar sobre que tería acontecido se determinados feitos históricos se tivesen desenvolvido dunha forma diferente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES