
Máis de 2.500 persoas visitaron na Casa da Parra de Santiago a exposición itinerante No niño novo do vento. Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro 1911-2011, coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións das súas principais obras. Promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia baixo o comisariado de MarÃa GarcÃa Liñeira e VÃctor F. Freixanes, a exposición pechou as súas portas en Compostela o domingo 26 de xuño, despois de ser vista tanto por alumnos procedentes de distintos centros de ensino como polo público xeral que se achegou á que foi a segunda etapa no percorrido desta iniciativa trala súa inauguración en Mondoñedo o pasado 15 de abril.
No niño novo do vento continúa a partir de agora o seu percorrido, que abrangue outras 6 cidades galegas ata xaneiro de 2012, coa súa instalación do 1 ao 27 de xullo no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Viaxará despois a Lugo (do 3 ao 28 de agosto no edificio da Delegación da Xunta de Galicia, á Coruña (do 2 ao 25 de setembro no Palexco), a Pontevedra (do 30 de setembro ao 23 de outubro no Museo Provincial), a Ferrol (do 27 de outubro ao 13 de novembro no Centro Cultural Carballo Calero) e, por último, a Vigo, onde permanecerá do 18 de novembro ao 9 de xaneiro de 2012 na Biblioteca Penzol-Casa Galega da Cultura.
Afán didáctico
Cun afán eminentemente didáctico e accesible para todos os públicos, a mostra está composta por 16 paneis de textos informativos e imaxes nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Ãlvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa produción en galego e en castelán, ademais de traducións a diferentes linguas estranxeiras, unha pequena compilación dos seus artigos xornalÃsticos, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa traxectoria.
Estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan Ãntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en video distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografÃa. Editouse asà mesmo, como material complementario, un catálogo sobre os contidos da exposición.
Entre os obxectos que se poden atopar figuran galardóns, diplomas, os seus carnés de identidade e de xornalista, postais, correspondencia recibida dos seus amigos, axendas privadas, medallas, condecoracións, etc.
A parte máis identificativa da mostra é o espazo escenográfico realizado por Rodrigo Roel, que reproduce o estudio no que traballaba Cunqueiro nos anos 50 no seu Mondoñedo natal. Trátase de transmitir un efecto de intimidade dentro do ambiente de creación do escritor nunha das súas épocas máis produtivas, ao que contribúen as cartas a Paco del Riego ou os orixinais de MerlÃn e familia que pousan na mesa a carón da súa máquina de escribir. Tamén, diante do escritorio, están as figuras, en volume e a tamaño natural, de MerlÃn e Felipe de Amancia, dous dos seus personaxes máis populares.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.