Notas de prensa

O galego Noaipre, na Taste of Sónar de Londres

A Taste of Sónar de Londres serviu de aperitivo á celebración de Sónar 2011 que terá lugar en xuño de forma simultánea nas cidades de Barcelona e A Coruña, froito da colaboración entre Avanced Music e a Xunta. O Festival internacional Sónar estivo presente en 12 países durante a última década.

O sábado 19 A Taste of Sónar levou á sala Roundhouse da capital inglesa unha noite repleta de actuacións de gran interese que serviu de aperitivo á celebración de Sónar 2011, entre o 16 e o 18 de xuño en Barcelona e os días 17 e 18 de xuño do mesmo mes na Coruña, froito da colaboración entre Avanced Music e a Xunta de Galicia. O produtor galego Noaipre, gran amante dos ritmos urbanos do Reino Unido, ofreceu por vez primeira a súa proposta de funky e beats electrónicos de última xeración fronte ao público británico, acadando unha das actuacións máis destacadas na capital da bass music. Un total de 1.200 persoas asistiron ao evento internacional número 27 de Sónar e o sétimo en Londres. A través da internacionalización do festival, Sónar xa estivo presente en 12 países durante a última década.

A actuación de Noaipre en Londres enmárcase na liña de traballo marcada pola Xunta de Galicia e a organización do festival para a expansión do talento galego polo mundo programando aos seus máis destacados representantes en todas as citas do Sónar para este 2011. Ademais da actuación de Noaipre en Londres, Sónar Barcelona acollerá as actuacións do propio Noaipre, Xesús Valle, Judah e DJ Sith; SonarSound Tokyo albergará os concertos de BFlecha e MwësLee. Deste xeito, búscase dar visibilidade local e internacional á creación musical galega contemporánea, a través das canles de difusión que posúe o festival e nas súas diferentes citas.

Ademais de Noaipre, destacou a presenza da formación portuguesa Buraka Som Sistema, cun dos seus habituais e estimulantes directos de ritmos contundentes e sincopados pensados expresamente para a pista de baile. Tamén foron de relevo as actuacións do Dj produtor norteamericano The Gaslamp Killer, un dos máis iconoclastas e persoais selectores de música da actualidade e o padriño do UK garage británico MJ Cole, que está vivindo unha nova etapa de esplendor grazas á súa elegante aproximación á bass music, escena da que é un dos seus principais precursores.

O programa completouse coa actuación de DELS, a nova promesa do hip-hop británico, e as vibrantes sesións de Axel Boman, cunha exquisita sesión de electrónica aberta. Pola súa banda Benji B mostrou a súa recoñecida sabedoría tras os pratos e destacaron outras actuacións como as de Braiden, dominador da linguaxe dubstep e todas as súas múltiples ramificacións, e Tiger & Woods, misterioso dúo fascinado co espírito da cosmic disco.

Por segundo ano consecutivo, A Taste of Sónar contou coa colaboración de Red Bull Music Academy, encargados de comisariar a programación da segunda sala do Roundhouse, e que celebraron a súa academia itinerante o ano pasado precisamente en Londres.

Cartel Sónar

As últimas incorporacións ao cartel do Sónar 2011 como Shackleton, James Holden, The Gaslamp Killer completan unha programación que inclúe aos máis destacados artistas do panorama da música da actualidade. O Festival Internacional de Música Avanzada, que tamén se celebrará en Barcelona entre o 17 e o 18 de xuño, levará á cidade herculina a M.I.A., unha figura clave no panorama actual da música electrónica que ofrecerá en Sónar as súas únicas actuacións deste ano en España. Ao cartel de Sónar Galicia tamén se suman o sudafricano Die Antwoord, que presentará a súa proposta musical na que se atreve co rap, o pop ou o eurobeat, e os australianos Cut Copy. Xunto a eles tamén estarán Boys Noize, que presentarán un potente show audiovisual, e Buraka Som Sistema.

En 2011, Sónar Galicia combinará grandes shows de artistas internacionais de recoñecida traxectoria con propostas de corte vangardista e experimental, sempre poñendo unha mirada atenta sobre a musica feita en Galicia. Por segundo ano consecutivo, A Coruña será o escenario de máis de vinte actuacións, entre concertos e DJ’s, de artistas do panorama nacional e internacional. Magnetic Man, a primeira mega-banda da xeración dubstep, será unha das grandes atraccións desta nova edición do festival, tanto na Coruña como en Barcelona. Este trío británico, composto polos produtores e DJ’s Benga, Skream e Artwork, é considerado como a primeira formación de dubstep para as masas. Xunto a Magnetic Man, no cartel de Sónar Galicia tamén destaca o grupo Underworld, unha das formacións máis importantes na historia da música electrónica, ou Salem.

Información práctica

Os prezos e os lugares de compra das entradas para Sónar Galicia 2011 son os seguintes:

- Abono: 65€
En taquillas do festival: 75€
Válido para acceder a todos los conciertos del festival.

- Entrada Viernes 17: 35€
En taquillas del festival: 45€

- Entrada Sábado 18: 35€
En taquillas del festival: 45€

- Puntos de venda

Os medios habilitados son vía online a través dos enderezos electrónicos www.ticketmaster.es e www.caixagalicia.es. Por teléfono desde España: Ticketmaster: 902 150 025 / Caixa Galicia: 902 434 443; desde o estranxeiro: +34 932 752 294. Tamén nas tendas da rede Ticketmaster.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento. Entre 2019 e 2024 investiuse un total de 2,6 millóns de euros, permitindo a realización de 159 accións formativas e case 469.000 horas lectivas.
Foto de la tercera plana (fp-taller.jpg) O 58% dos 855 ciclos de Formación Profesional ofertados para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada onte pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matricula. Segundo os datos recabados, un total de 56.049 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento do 3,5% (1.898 solicitudes máis) con respecto ao curso 2024-25, e supón acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES