Notas de prensa

O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo anuncia unha liña de axudas directas aos pilotos en competición

O vicepresidente da Deputación anunciou que os pilotos terán unha axuda para afrontar os gastos da competición no transcurso da II Xuntanza do Automobilismo Lucense.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, anunciou que os pilotos de rally lucenses contarán cunha liña de axuda para sufragar os gastos derivados da competición, mediante un tipo de subvencións que porá en marcha a Área de Deportes da Deputación de Lugo. Esta declaración tivo lugar no transcurso da II Xuntanza do Automobilismo Lucense, que organiza a Escudería Miño coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, e que serve de gran xuntanza de presentación dos equipos e escuderías lucenses de rally.

Antón Bao anunciou na súa intervención diante dos afeccionados ao motor lucense que a Área de Deportes da Deputación convocará unha liña de axudas para colaborar directamente cos pilotos de rally e así contribuír no mantemento dos custes derivados da competición. En concreto, Antón Bao falou dunha liña de subvencións que irán no camiño de sufragar a adquisición de neumáticos de competición para os pilotos lucenses, o que permitirá tamén que se incremente a seguridade na competición. O vicepresidente da Deputación explicou que a idea de estabelecer esta posibilidade de axudas directas xurdiu das conversas de traballo cos pilotos lucenses e coa propia Escudería Miño, no que tivo un lugar destacado o piloto Avelino Basanta como exemplo de superación ao afrontar a competición de rallys baixo o prisma da discapacidade, e que aconsellaron esta medida para favorecer a participación dos pilotos lucenses nas distintas probas de ámbito galego e estatal.
Nota
Bao tamén tivo palabras de agradecemento para toda a xente que participou na II Xuntanza do Automobilismo Lucense, desde as persoas que colaboraron na organización, os centos de afeccionados e afeccionadas que encheron os arredores do Pazo dos Deportes para vibrar coa exhibición dos pilotos, pasando polos propios pilotos participantes e todo o mundo do motor lucense, e rematou a súa intervención desexando “a todos e todas os maiores éxitos de cara a tempada que comeza, dicirvos que levedes con orgullo o nome de Lugo por todas as estradas de Galiza e España, e que sempre contaredes co respaldo necesario por parte da Deputación de Lugo”.



Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES