Notas de prensa

Presentado Xantar 2011 en Expourense

Xantar 2011, que terá lugar en Expourense entre o 2 e o 6 de febreiro, terá como un dos seus eixos a promoción do Entroido galego a través da gastronomía propia desta festa e das súas máscaras. Ademais, o salón marcará o inicio do calendario das máis de 300 festas gastronómicas de Galicia, prestando especial atención a aquelas declaradas de Interese Turístico.

Xantar contará con 137 expositores (un 13% máis que na edición de 2010) que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie. Entre eles destacan os 19 restaurantes procedentes de Galicia, das comunidades autónomas e rexións turísiticas portuguesas e de Francia, país convidado nesta edición. Todos eles ofrecerán un total de 29 menús con prezos para todos os petos que van dende os 12 ata os 32 euros. O prezo medio destes menús sitúase no 26 euros.

O salón foi presentado esta mañá nunca rolda de prensa á que asistiron a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o presidente do Comité Executivo de Expourense e da Cámara de Comercio, Celso Barbosa, o presidente do INORDE, José Manuel Freire, a tenente alcalde de Ourense, Isabel Pérez, o presidente da Federación de Hostalería de Ourense e vicepresidente de CEHSOGA, Ovidio Fernández e o director de Xantar, Alejandro Rubín. Todos eles destacaron o mérito de que, na situación actual, Xantar crecese en restaurantes (un máis), metros ocupados, expositores e que ademais conseguise manter e ata rebaixar os prezos de anos anteriores sen baixar nin a cantidade nin a calidade dos menús.

A inauguración de Xantar 2011 terá lugar o mércores 2 de febreiro ás 13.00 horas coa lectura do pregón a cargo do artista ourensán Moncho Borrajo.

Edición especial Entroido e festas gastronómicas

A 12ª edición de Xantar, unha cita xa consolidada como un evento de prestixio en toda España e Portugal, estará adicada á promoción do Entroido e das festas gastronómicas de Interese Turístico galegas tanto a través dos menús como das distintas actividades organizadas no salón. Así, poderanse atopar os restaurantes adicados ó Entroido de Ourense e outros protagonizados polas Festas de San Froilán de Lugo ou a de Exaltación do Marisco do Grove.

Esta será unha das edicións máis vistosas e animadas de Xantar, xa que son moitos os concellos que confirmaron a presenza da súa figura do Entroido. Ö longo dos cinco días de duración do salón desfilarán polos corredores de Expourense dende os representantes dos máis coñecidos como as Pantallas ou os Cigarróns ata os representantes do Entroido urbán como as Pitas das Eiroás ou Frei Canedo e tamén aqueles máis descoñecidos como as madamitas de Entrimo ou o Meco de Cartelle.

No referente ás festas gastronómicas de Interese Turístico tamén estarán representadas, entre outras, a do Bonito de Burela, o Pemento de Arnoia ou a Feira do Viño do Ribeiro.

Francia, país convidado

Francia será o país convidado na 12ª edición de Xantar. O país galo estará representado pola cidade de Quimper, ubicada na Bretaña francesa e irmandada coa de Ourense dende 2005. A participación deste país en Xantar conta co apoio do Concello de Ourense e materializarase grazas aos convenios de colaboración entre as dúas escolas de hostalería: o IES de Vilamarín (Ourense) e o Lycée Professionnel Jean Chaptal de Quimper. Francia, a través de Quimper, participará en todas as accións previstas para esta duodécima edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo e produtos agroalimentarios. Así, este país terá a súa propia área de restauración na feira na que se poderá degustar un menú no que destacará a principal protagonista da súa cociña, a crêpe, da que ademais se impartirá un obradoiro de cociña no que se explicarán os segredos das tradiciones crepes bretonas.

Rexions gastronómicas convidadas

Na 12ª edición de Xantar participan un total de 19 restaurantes, o 68% dos cales son galegos e os demais das comunidades autónomas, rexións portuguesas e país convidado. Cada un de eles ofrece menús, entre os 12 e os 32 euros, baseados nos seus productos autóctonos e de calidade.

Participarán nesta edición as comunidades de Asturias, Estremadura (provincia de Badaxoz) e Andalucía (provincia de Xaén), que contarán tanto con un restaurante desde o que promocionar a sua gastronomía como cun stand para dar a coñecer os seus principais atractivos turísticos e agroalimentarios.

Un ano máis, Portugal será un dos protagonistas do salón que contará ca presenza de Turismo de o Douro e a Cámara Municipal de Viana do Castelo. Este ano incorporase a rexión de Lisboa e Val do Tejo, en virtude da colaboración de Xantar co Festival Nacional de Gastronomía de Santarém que leva 30 anos convertido no evento gastronómico mais importante do país luso.

Polo que respecta a Galicia, estarán representadas as provincias galegas que ofrecerán tanto a cociña de costa, con restaurantes que presentan mariscos e peixes, como a de interior como a ofrecida polas casas de turismo rural, caza ou menús ca pataca como protagonista, entre outros. Ademais dos xa mencionados de Lugo, O Grove e Ourense, os menús estarán a outras festas coma da lagosta da Guarda, o Corpus de Ponteareas ou o Botelo de O Barco de Valdeorras.

Despois do éxito obtido en edicións anteriores, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, INORDE, repite este ano facéndose cargo de novo dun restaurante no que ofrecerase un menú degustación baseado na pataca e no Porco Celta. Volve tamén en Xantar a Asociación Galega de Turismo Rural, AGATUR.

Paquete turístico

A gastronomía é a segunda motivación pola que o turista elixe Galicia como lugar de visita e Xantar é un evento único en España e que constitúe en si mesmo un motivo para visitar esta comunidade. Por este motivo, para a 12ª edición do Salón preparouse un paquete turístico que ten o obxetivo de que os visitantes poidan coñecer e disfrutar da gastronomía galega sen sair de Xantar e, ó mesmo tempo, visitar Galicia.Este paquete conta coa colaboración da maiorista de viaxes Costas Galicia e inclúe unha noite de aloxamento en hotel de 4 estrelas no centro da cidade de Ourense ou nun hotel-balneario na Ribeira Sacra (tamén de 4 estrellas e con acceso ao club termal), a entrada a Xantar e o almorzó ou cena nun dos restaurantes do salón. Todo iso por un prezo de 75 euros por persoa.

Ademais de este paquete, a organización pon en marcha unha acción específica dirixida a os alumnos e alumnas dos últimos cursos das escolas de hostelería de España e Portugal para que podan convivir en Xantar cos profesionais. Está xa confirmada a presenza de máis de 200 alumnos destas escolas.

A posta en marcha destes paquetes suporá un aumento considerable no nivel de ocupación hoteleira de Ourense e arredores, o que é mostra a repercusión económica que ten na cidade os eventos coma Xantar.

Premios especiais

Xantar 2011 quere recoñecer a traxectoria profesional dos chefs galegos que posúen Estrelas Michelin, un dos máximos galardóns a nivel internacional que pode conseguir un cociñeiro. Con esta iniciativa Xantar quere recoñecer a traxectoria de estos profesionais e a sua implicación coa sua calidade e innovación na gastronomía galega.

Nesta mesma liña, o salón entregará nesta edición os “Premios á Innovación Xantar” que nesta ocasión recaerán por partida dobre no cociñeiro italiano afincado en Ourense, Flavio Morganti. Será recoñecido por colaborar no desenvolvemento da nova botella con decantador e caixa especial do Grupo Martin Berasategui System e por ser o impulsor do proxecto industrial da máquina “Aromatihumadora” desenvolvida entre este cociñeiro e o grupo Rosareiro.
Ademais o grupo Radio Turismo entregará os premios Platos de Oro a casas de turismo rural, asociadas a AGATUR, das provincias de Lugo e Ourense.

Expourense, 2011-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES