
Na presentación oficial, que se levou a cabo no Pazo-Museo Quiñones de León, os representantes da Administración autonómica felicitaron ao comité organizador e agradeceron a aposta dos propios organizadores, Concello de Vigo e patrocinadores do evento para chegar ao décimo aniversario da proba hípica en pista cuberta máis importante a nivel internacional. Este evento que ten a cidade non o podemos perder, considerou a delegada territorial durante a súa intervención, quen engadiu que no 2011 se cumpren dez anos e non podíamos deixar que este gran evento se perdera. É obriga das administracións traballar conxuntamente por este tipo de eventos, dixo.
Molares sinalou que o décimo aniversario da Copa do Mundo de Saltos é unha oportunidade para proxectar a imaxe de Vigo dende o punto de vista turístico e deportivo a nivel internacional ademais de destacar a participación de xinetes que pertencen ao top ten do ránking mundial así coma dos galegos Manuel Añón ou Marta Ortega e, incluso, a participación do xinete vigués Carlos Domínguez.
Neste senso tamén se pronunciou o secretario xeral para o Deporte. Na súa intervención, Lete Lasa destacou a calidade deportiva, o éxito e a repercusión mediática que ten este gran evento deportivo. A calidade deportiva da Rolex World Cup Jumping de Vigo, a súa repercusión mediática internacional e o éxito organizador avalado polas anteriores edicións son perfecta mostra do crecente interese por esta modalidade deportiva en Galicia, dixo.
O secretario xeral tamén felicitou á organización porque xunto a este indubidable espectáculo deportivo do máis alto nivel e ránking competitivo, procurou actividades para o goce en familia deste deporte e especiais probas abertas aos xinetes locais. Esta é a visión acertada, seguiu Lete Lasa, conxugar alta competición con actividades de popularización e divulgativas dun deporte que, como a hípica, merecen dun cada vez maior achegamento á sociedade, concluíu.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.