Notas de prensa

A Secretaría Xeral para o Deporte garante o patrocinio do triatleta Javier Gómez Noya

A Secretaría Xeral para o Deporte, que presentará en 2011 o programa Galicia-Londres 2012 como complemento aos deportistas galegos de alto nivel (DGAN) de 2004, garantiza o contrato de patrocinio a Javier Gómez Noya para os anos 2011 e 2012.

A Xunta de Galicia seguirá coa aposta polo deporte e os deportistas galegos de alto nivel nos vindeiros exercicios. Así, e xunto á convocatoria de axudas aos deportistas galegos de alto nivel (DGAN) iniciada en 2004, o patrocinio aos clubs de alta competición posto en marcha no 2009, ou os centros de tecnificación deportiva de Pontevedra, Vilagarcía, Berducido e A Estrada, a Secretaría Xeral para o Deporte porá en marcha, nos primeiros meses do 2011, o programa específico de preparación dos vindeiros Xogos Olímpicos e Paralímpicos, Galicia-Londres 2012.

Este novo programa virá complementar así a nova política deportiva levada a cabo pola Secretaría Xeral en relación con algo tan substancial para o desenvolvemento deportivo de Galicia como é o alto rendemento. Esta nova política ven caracterizarse, non só pola posta en marcha de novos programas, senón tamén pola reestruturación das liñas de axudas, quedando agora situadas ao amparo do departamento da Xunta de Galicia competente no ámbito deportivo.

O programa, que prevé unha un investimento aproximado no primeiro exercicio de 250.000 euros, irá destinado a garantir a máxima presenza galega nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos que se van celebrar na capital británica en 2012, apoiando aos mellores deportistas galegos nas distintas modalidades olímpicas entre os que, sen dúbida algunha, estará o triatleta Javier Gómez Noya

Situación do deportista Javier Gómez Noya

En relación ás manifestacións vertidas polo campión galego Javier Gómez Noya, a Secretaría Xeral para o Deporte quere manifestar a súa sorpresa polas mesmas, toda vez que tanto o deportista, como o seu representante e o presidente da súa Federación, foron persoalmente informados da posta en marcha do programa Galicia-Londres 2012 e que, nos próximos anos, virá a garantir a este deportista, e a outros en similares situacións, axudas equivalentes ás recibidas ata o de agora.

Este mesmo labor de información sobre o programa, foi levado a cabo con outros destacados deportistas galegos de alto nivel, e as súas respectivas Federacións.

Cómpre sinalar que, xunto ás axudas económicas que van percibir por este novidoso programa, o deportista galego forma parte do grupo de adestramento de Élite do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que a Secretaría xeral para o Deporte ten en Pontevedra.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES