Notas de prensa

Recoñecemento aos participantes no Campeonato de España de Kárate

O alcalde de Teo recoñece o mérito destes deportistas “nunha disciplina deportiva que non é de masas” e animounos a continuar traballando deste xeito tan satisfactorio.

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Carme Hermida, recibiron no Concello aos deportistas do Club San Francisco Teo que viñan de participar no Campionato de España de Kárate Cadete-Junior e Copa de España Sub-21 esta pasada fin de semana en Santiago de Compostela.

Os deportistas do club dos Tilos realizaron un magnífico papel nesta competición. Con idades que van entre os 14 e os 20 anos un total de tres mozos e catro mozas do San Francisco participaron na competición estatal. E non só participaron senon que tiveron un destacado papel. Concretamente Carlos Díaz obtivo unha medalla de bronce en Kata por equipos e Ruth Lorenzo un cuarto posto, despois de disputar a medalla de bronce, en kumite sub-21 de menos de 60 quilos. Ademais segundo nos conta Óscar Lafuente, o adestrador do Club San Francisco Teo, o resto do equipo galego obtivo outros tres bronces e seis cuartos postos máis.

Os membros do club dos Tilos visitaron onte a Casa do Concello. Na recepción institucional recibiron un pequeno agasallo pero o máis importante foi o recoñecemento institucional e o ánimo para “unha disciplina deportiva que non é de masas, polo que o seu traballo ten máis mérito aínda” comentaba o alcalde. Noriega trasladoulle ademais “o orgullo que sentimos polo traballo realizado polo clube todos estes anos”.

O Club San Francisco Teo leva máis de dez anos traballando nesta disciplina e neste momento adestra a máis de 80 persoas de idades comprendidas entre os 3 e os 45 anos.

Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo), 2010-12-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES