
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, asinaron un convenio de colaboración polo que ambos organismos se comprometen a realizar unha exposición sobre o labor educativo das asociacións de emigrantes galegos.
Dita mostra, que levará por nome Luces de alén mar, servirá, deste xeito para amosar, a través de paneis e dun catálogo, o traballo desempeñado en Galicia polas sociedades de emigrantes de América, concretamente sobre as construcións escolares financiadas por esas asociacións.
Asà mesmo, o convenio, que contará cunha achega de 80.000 euros -60.000 correspondentes á SecretarÃa Xeral da Emigración e 20.000 ao Consello da Cultura Galega- compromete a ambas entidades a traballar conxuntamente na realización, edición e publicación facsimilar do “Almanaque Gallego” correspondente aos anos 1918-1927 en dous volumes. Trátase dunha publicación editada en Bos Aires por Manuel Castro López, e que contaba con colaboradores como Manuel Leiras Pulpeiro, Manuel MurguÃa ou José Pérez Ballesteros.
Por último, o convenio servirá para inventariar e dixitalizar documentación sobre a inmigración galega en Brasil, especialmente nas áreas de Sao Paulo e RÃo de Janeiro. Todas estas actuacións recollidas no acordo estarán a disposición do público a través da páxina web www.galiciaberta.com.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.