
Enmarcado no ciclo Xacobeo Classics, de Xacobeo 2010, mezzosoprano Angélika Kirchschlager, considerada unha das grandes figuras da lÃrica austrÃaca, ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Santiago, a partir das 21.00 horas, o 21 de setembro. Será a primeira actuación desta artista en Compostela.
A artista interpretará en Santiago un programa dividido en dúas partes, estando a primeira dedicada a un dos mestre do lied, o austrÃaco Hugo Wolf, e a segunda na que se deleitará ao público asistente cunha selección dos lieder compostos por Richard Strauss.
O concerto de Angélika Kirchschlager englóbase dentro do XI Ciclo de Lied de Santiago, que desde o 14 e ata o 28 de setembro se celebra na cidade baixo o lema Se os poemas tivesen ás... o lied (Músicos e poetas 2). O ciclo está organizado polo Concello de Santiago e a Asociación Galega de LÃrica, ao que Xacobeo 2010 contribúe coa actuación desta artista de recoñecido prestixio internacional. Coa participación neste proxecto, Xacobeo 2010 reafirma o seu compromiso pola posta en marcha de contidos de calidade a través, neste caso, do ciclo Xacobeo Classics, o proxecto máis ambicioso no ámbito especÃfico da música clásica de cantas inciativas se desenvolveron ata o momento na comunidade galega.
Habitual da Ópera de Viena, Kirschlager ofrecerá en Galicia a súa maior especialidade, unha Liederabend (velada lÃrica). Por outra banda, esta artista gravou todos os grandes ciclos liederÃsticos, ademais dun bo número de obras como O soño dunha noite de verán, de Mendelssohn. Alumna do gran Walter Berry, cantou obras como Don Giovanni no afamado escenario de La Scala baixo a batuta de Ricardo Muti. Ademais, colabora habituamente con directores como John Elliot Gardiner, Nikolaus Harnoncourt ou Kent Nagano, entre outros.
Nova cita de Xacobeo Classics
Xacobeo Classics ofrece outra cita destacada para os afeccionados da música clásica o próximo 27 de setembro no Centro Cultural Caixanova de Vigo coa versión en concerto da obra mestra cómica de Donizetti, La fille du règiment. Ao escenario subirá un grande elenco internacional encabezado por unha das principais sopranos belcantistas da actualidade, Patrizia Ciofi, que estará acompañada polo tenorio Celso Albelo, que estarán acompañados pola Orquesta e coro da Sinfónica de Galicia, dirixida por Luciano Accocella, un dos máis brillantes directores novos de Italia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.