
A sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo acolle ata finais deste mes de setembro unha mostra de corenta carteis presentados ao certame convocado polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor da capital lucense.
Deste xeito, a mostra que estes dÃas acolle o edificio da Xunta de Galicia na capital lucense abre a programación da Semana de Cine, que se celebra entre o 26 de setembro e o 2 de outubro, e que incluirá, ademais da proxección de preto de corenta filmes de autor, diversas exposicións e a estrea dun documental e un ciclo de pelÃculas dedicado ao actor galego Enrique Muiño. A homenaxe ao intérprete complétase coa publicación dun libro que recolle a súa traxectoria vital e profesional.
O gañador do concurso, cuxa convocatoria se efectuou a través de Internet, é MartÃn Fores Sanz. O deseño do artista valenciano foi escollido entre sesenta propostas por un xurado formado por membros da asociación Fonmiñá e representantes das institucións patrocinadoras e colaboradoras, entre as que se atopan a Xunta de Galicia e o Plan Xacobeo.
A entrega de premios desenvolverase o vindeiro dÃa 27 de setembro, coincidindo coa xornada inaugural da Semana Internacional de Cine de Autor, que este ano chega á súa trixésimo segunda edición. O gañador do certame recibirá 1.000 euros de premio, ademais dunha estatuÃña de Sargadelos.
A presentación e apertura da mostra correu a cargo da xefa territorial de Presidencia, Marta Barreiro, e o presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, e máis o director da Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel.
Fonmiñá:
O mércores, dÃa 15 de setembro, inaugúrase na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo unha mostra de carteis presentados ó Certame convocado por Fonmiñá, para elixir o cartel anunciador da XXXII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR.
Dos sesenta carteis presentados, hanse expoñer corenta, seleccionados polo Xurado con este fin.
O valencián MARTÃN FORES SANZ é o gañador do Concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de cine de Autor de Lugo. O premio está dotado con 1.000€ e unha estatuÃña de Sargadelos.
Ó Certame concorreron un total de sesenta carteis recibidos de Navarra, Tarragona, Madrid, León, Jaén, Cáceres, Lleida, Ourense, Sevilla, Zaragoza, Barcelona, Cuenca, Valencia e Lugo. à selección final chegaron cinco deseños procedentes de Lleida, Zaragoza, Astorga, Ourense e Valencia, sendo elixido este último.
A convocatoria do certame efectuose exclusivamente por Internet, a través da plataforma www.galiciadigital.com e das páxinas www.semanadecine.delugo.info e www.fonmiña.es
O Xuirado estivo formado por representantes das institucións patrocinadoras e colaboradoras, e membros de Fonmiñá: Concello de Lugo (Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura), Deputación Provincial-Vicepresidencia 1ª (Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial), Xunta de Galicia e Xacobeo (X. Carlos RodrÃguez Andina, Xefe Territorial de Cultura e Turismo), Universidade-Campus de Lugo (Paloma Lugilde), Caixa Galicia (Sinesio DÃez), e por Fonmiñá, Carlos RodrÃguez Arias (Vocal de video), Eduardo RodrÃguez Ochoa (Vocal de FotografÃa), Manuel Curiel (Director da Semana de Cine) e Xulio Xiz (Presidente do Grupo Fotocinematográfico).
Coa selección dos carteis presentados hase efectuar unha exposición, coincidindo coa celebración da Semana de Cine.
A entrega de premios terá lugar no decurso da xornada inaugural da XXXII Semana de Cine, o 27 de setembro
FotografÃa: Carlos RodrÃguez Arias
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.