Notas de prensa

Cidade de Lugo Fluvial, campión de España de Triatlón en cadete femenino

O Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión de España de Tríatlon por clubs na categoría cadete feminina na proba celebrada en Pulpi (Almería). O equipo galego, campión de España, está formado por Laura Blanco, Eva Basanta, Diana Cotón e Alba Iglesias.

A proba, que comezou ás tres da tarde con moitísima calor, tivo lugar en San Juan de los Terrenos, sobre a distancia de 750 metros de natación, 10 quilómetros a bicicleta e 3 quilómetros de carreira a pe. A nivel individual a campioa de España foi a andaluza Pilar Jiménez (C.T. Colexio Añoreta). Catro galegas lograron clasificarse entre as dez primeiras a nivel individual: Bárbara Penas, do Arcade Inforhouse, foi cuarta; Leticia Baña (AD Fogar) ocupou a quinta posición; Laura Blanco (Cidade de Lugo Fluvial) chegou sétima clasificada e Eva Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) foi novena.

Na proba feminina, o gañador a nivel individual foi Luis Gutiérrez Valle (C.T. Trial Alandalus), mentres que por clubs o primeiro foi o Tríatlon Albacete. O Arcade Inforhouse ocupou a sexta posición, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial foi undécimo.

Mañá terán lugar as probas júnior e absoluta, onde os triatletas e os clubs galegos tentarán conseguir máis medallas.


AÍDA VALIÑO, QUINTA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRIÁTLON SUB 23

A triatleta galega Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) acadou un magnífico quinto posto, no Campionato de Europa de Tríatlon sub 23 que tivo lugar hoxe en Vilanova de Gaia (Portugal). Con este resultado, a galega foi a primeira española clasificada, Aida ten moitas posibilidades de disputar o Mundial da súa categoría dentro de quince días en Budapest.

Sen embargo, na proba masculina Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial) e Uxío Abuín (Arcade Inforhouse) non tiveron a mesma sorte. Óscar rematou a proba no posto 28,mentres que Uxío non finalizou. Mañá terá lugar a proba Youth, na que participarán Camila Alonso (Triatlon Ferrol) e Roberto Barral (Arcade Inforhouse)


Mila Alonso (Comunicación Federación Galega de Tríatlon), 2010-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES