Cumio Galego Portugués sobre Cooperación Internacional
O 1 de outubro, o Hotel Talaso Atlántico, no municipio de Oia, acolle o encontro Portugal e Galicia : Cooperar na cooperación.
Nesta xornada, responsables políticos de municipios de Galicia e Portugal efectuarán unha aproximación á realidade da cooperación internacional no ámbito local, compartirán experiencias e explorarán oportunidades conxuntas para o futuro.Trátase dun evento no que a cooperación municipal e as súas formas serán abordadas dende unha perspectiva na que os vinculos culturais existentes entre as dúas beiras do Miño poderán abrir novas posibilidades de colaboración. A elaboración conxunta de proxectos de cooperación que poidan ser financiados con fondos comunitarios ou dos respectivos estados ibéricos para ser ejecutados nos países africanos de expresión portuguesa é un dos cometidos concretos esenciais deste encontro, primeiro que se realiza con estes actores. Da parte portuguesa está confirmada a participación, entre outros, das Cámaras de Viana do Castelo, Chaves, Palmela, Abrantes, Guimaraes. Outras Cámaras, como Lisboa, Porto, Gondomar, Moura, Loures, etc, expresaron o seu interese polo desenvolvemento e conclusións desta iniciativa. Da parte galega, participarán Concellos das catro provincias. Este encontro está organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co patrocinio e a colaboración da Excma. Deputación de Pontevedra. A deputada provincial, Nidia Mª Arévalo, vicepresidenta do Fondo Galego, presidirá a sesión inaugural, que dará comezo ás 11,00 h. Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, será o encargado de clausurar o encontro. O Fondo Galego é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade cos países menos desenvolvidos, e impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ao conxunto da nosa cidadanía.
Igadi, 2004-09-29
Actualidad

O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografía galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turísticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomía e a artesanía como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.

A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos días. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non había outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e Rosalía de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesía, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. Rosalía foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.
Notas
A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxías innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuír á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxía dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluídas tecnoloxías accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.