O Consello de Dirección da Universidade de Santiago celebrou unha sesión de traballo en Seoane do Courel
A antiga escola de Seoane do Courel, un edificio recentemente restaurado e de propiedade municipal, serviu de sala de reunións do Consello de Dirección da USC co reitor Senén Barro ao seu frente e todos os vicerreitores, o secretario xeral e o xerente da institución docente.
O alcalde de Folgoso de Courel, Xosé López Fontal, recibiu aos integrantes do goberno da Universidade compostelá e agradeceu publicamente o seu desprazamento ao Caurel, sendo a primeira vez na historia que a institución docente celebra unha xuntanza de traballo no Courel dos tesos cumes onde, como dicÃa o poeta Novoneyra, Eiquà sÃntese ben o pouco que é un home.
O reitor e o seu equipo celebran esta xuntanza extraordinaria do Consello de Dirección da USC en Seoane como mostra de apoio á creación da Estación Biolóxica de montaña nuns terreos xa propiedade da Universidade nas inmediacións da vila e cun orzamento de obra civil de aproximadamente 600.000 euros. Para o financiamento desta estación, que pecha o ciclo dunha terna de estacións biolóxicas xunto coas de Encoro de Con e da Graña, cóntase co apoio firme do concello, da Asociación RÃo Lor, e co compromiso verbal dos departamentos de Medio Ambiente dos Gobernos autonómico e central.
Tanto o reitor como o resto dos membros do Consello de Dirección agradeceron o interese do alcalde e a súa contribución á posta en marcha desta estación que axudará a potenciar o estudo da diversidade paisaxÃstica, biolóxica, botánica e zoolóxica da Serra do Caurel. Segundo o reitor, trátase dun proxecto singular de especial importancia para o contorno natural do Caurel e polo tanto de relevancia para Galicia e a investigación no ámbito estatal. A estación, dotada de laboratorios de investigación, aulas e outros servizos, é froito dun traballo realizado ao longo de varios anos por investigadores da USC das áreas de coñecemento vinculadas á estación.
Esta xuntanza forma parte dunha serie de reunións de carácter extraordinario que o equipo de goberno da USC realiza co obxecto de planificar as accións a desenvolver durante o curso que agora comeza.
Gabinete de Comunicación USC, 2004-09-24
Actualidad

O ciclo de concertos Orballo Cultural vén de presentar a súa edición 2025, que se celebrará entre os meses de maio a setembro. Este ciclo propón levar ata distintas localidades da xeografÃa galega, concretamente aos concellos de Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, MuxÃa, Noia, Ferrol e Sanxenxo, a artistas da escena musical galega. Entre os nomes xa confirmados están Xabier DÃaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus ou The Limboos. O ciclo Orballo Cultural busca unir a variada oferta musical de Galicia co patrimonio cultural e natural de distintas localidades, de tal modo que se pon en valor a rica variedade de opcións turÃsticas da comunidade. Ademais, integra a gastronomÃa e a artesanÃa como valores engadidos, nunha proposta que quere apostar pola sostibilidade e a igualdade.

A exposición afonda na realidade das cantareiras dende o século XVIII ata os nosos dÃas. Daquelas, as mulleres das aldeas tocaban por pura necesidade, xa que non habÃa outra maneira de escoitar música ca creándoa. Frei Rosendo Salvado e RosalÃa de Castro xa se interesaron no seu tempo polas cantigas populares galegas considerándoas 'pura poesÃa, sen artificio' a pesar de estar nunha lingua diferente da oficial e proviren de mulleres labregas, de clase baixa. RosalÃa foi, de feito, quen máis se identificou con esa literatura, empatizando co sentimento do pobo e levándoo ás altas esferas da época. A mostra tamén recolle, a través de varios documentos, o interese de persoas estranxeiras como Dorothé Schubarth, Alan Lomax ou Gustav Henningsen pola nosa tradición.
Notas
A Universidade de Vigo participará en cinco novos proxectos para desenvolver tecnoloxÃas innovadoras no ámbito aeroespacial e farao da man de empresas de relevancia internacional que lle achegarán á institución preto de 1,5 millóns de euros. Estas novas iniciativas desenvolveranse no marco do Programa Tecnolóxico Espacial (PTE), promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI).
AWKE naceu co obxectivo de contribuÃr á mellora das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüÃstica, plurilingüe e intercultural. Apoia plans de transformación dixital en educación primaria e secundaria; isto inclúe o desenvolvemento da pedagoxÃa dixital e a experiencia no uso de ferramentas dixitais para os docentes, incluÃdas tecnoloxÃas accesibles e de apoio, e a creación e o uso innovador de contidos educativos dixitais.