Notas de prensa

Jean Michel Jarre regresa ao Xacobeo cun concerto no Obradoiro o 31 de xullo

O conselleiro de Cultura presentou o concerto de Jean Michel Jarre no Obradoiro como unha “actuación en directo dun dos mellores artistas do panorama musical dos últimos 35 anos”. Jarre ofrece en Galicia o único concerto da súa xira europea en España.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou en Santiago xunto ao músico e compositor, Jean Michel Jarre, o concerto que o artista francés ofrece o 31 de xullo na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Roberto Varela asegurou que “o Obradoiro se encherá para gozar da actuación en directo dun dos mellores artistas do panorama musical dos últimos 35 anos”. A actuación de Jarre, incluída no Camiño da Música, da programación de Xacobeo 2010, é o único espectáculo que o artista ofrecerá en España dentro da xira europea que está a levar a cabo durante este ano; a entrada ao concerto será gratuíta. Na rolda de prensa, o conselleiro de Cultura e Turismo estivo acompañado polo director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.

Roberto Varela e Jean Michel Jarre realizaron unha visita in situ á Praza do Obradoiro, o mesmo escenario no que terá lugar o seu concerto o vindeiro 31 de xullo. Para o conselleiro, o evento será “un magnífico espectáculo no que se integran perfectamente a música cos últimos avances en tecnoloxía de son, luces e efectos visuais” e destacou de Jarre e da súa longa carreira “a transcendencia e a magnitude dos seus concertos-espectáculo que sempre congregaron a grandes masas de seguidores”.

Roberto Varela lembrou o éxito obtido por Jean Michel Jarre na súa primeira visita a Galicia “en 1993, tamén en ano Xacobeo, nun concerto multitudinario no Monte do Gozo” e asegurou que neste Xacobeo 2010, o músico francés “poderá engadir á súa lista de éxitos outro concerto nun dos lugares máis emblemáticos do mundo, a Praza do Obradoiro” onde acadará “unha conexión única entre a cidade, a música e a arte”.

Impecable currículo

Jean Michel Jarre alcanzou fama internacional no ano 1977, cando lanzou ao mercado o seu álbum Oxygene, do que chegou a vender máis de 18 millóns de copias a nivel mundial. O artista francés, un pioneiro no seu campo, contribuíu ao despegue da música electrónica. Na súa longa carreira, Jarre publicou albumes como Oxygene, Equinoxe, Magnetic Fields, Zoolook, Rendezvous ou Waiting for Costeau dos que vendeu 80 millóns de copias. As súas composicións influíron en artistas como Air, Daft Punk, Moby o The Chemical Brothers.

Jean Michel Jarre deseñou un novo xénero de concertos-espectáculo, levando a súa música a grandes espazos abertos. O seu obxectivo é sacar partido no entorno urbano u natural no que se celebran estes concertos que, dalgún xeito, convértense en acontecementos musicais e visuais. Estes lendarios concertos de Jarre teñen atraído a multitude de espectadores, chegando a entrar no Guiness dos Records. Algúns dos seus concertos son únicos, como o celebrado durante a visita do Papa Xoán Paulo II á cidade de Lyon, o concerto dos Doclands en Londres ou a celebración do Novo Milenio nas Pirámides de Gizeh.

A actuación de Jarre en Santiago de Compostela enmárcase no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se inclúen todo tipo de estilos e formatos musicais nunha variada oferta pensada para todos os públicos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES