
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo inicia un ciclo de cine chinés enmarcado dentro do proxecto cultural Beijing Time. A hora de China. A iniciativa, que forma parte da programación do Camiño do Audiovisual de Xacobeo 2010 e que conta coa colaboración de Casa Asia e co programa de cine de verán do Centro Galego de Arte Contemporáneo, desenvolverase todos os mércores a partir do dÃa 30 de xuño, e ata o 28 de xullo no auditorio do CGAC en Compostela. Nesta mostra incluiranse producións insubstituÃbles no marco da historia recente do cine do gran paÃs asiático.
Co patrocinio desta iniciativa, Xacobeo 2010 reforza a súa aposta por desenvolver unha programación baseada na calidade das propostas e por ofrecer contidos caracterizados pola súa diversidade de temáticas e estilos, coa intención de satisfacer as demandas culturais dun público heteroxéneo e seguindo criterios de exclusividade, orixinalidade, especialización e xeneralidade.
Por outra banda, o proxecto cultural Beijing Time, A hora de China inclúe unha exposición de arte contemporáneo do paÃs asiático que, baixo o mesmo nome e da man de Xacobeo 2010, pódese visitar na actualidade na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. AsÃ, o ciclo de cine chinés complementa esta primeira iniciativa, ofrecendo unha boa mostra da nova produción audiovisual chinesa, resultado do gran desenvolvemento que experimentou dende 1990.
Chen Kaige, Chen Tao, Han Jie, Jie Zhangke, Jie Liu, Li Hongqi, Li Yang, Peng Tao, Wang Bin, Wang Chao, Xiaolu Guo, Ying Liang, Zhang Jiarui, Zhao Ye e Zhang Yuan, que conforman a quinta, sexta ou mesmo a sétima xeración do cine chinés, presentan neste ciclo algunhas das súas producións audiovisuais máis significativas deste cine independente, onde se dará conta da aparición do xénero que mestura documental e ficción, ou docuficción, que confire verosimilitude ao narrado.
Os dramas Terra amarela, de Chen Kaige, e East Palace, de Zhang Yuang, iniciarán mañá ás 20.00 e ás 22.30 horas, respectivamente, este ciclo de cine, que continuará cada mércores ata o 28 de xullo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.