
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) proxecta no mes de xullo catro pelÃculas de Gus Van Sant e un ciclo de cine filipino. Continúa, ademais, a programación do ciclo Fora de serie que este mes incluirá unha Master Class de Javier Rebollo, a proxección da súa segunda pelÃcula A muller sen piano, e o filme Historias extraordinarias, de Mariano Llinás, que contará coa presentación do crÃtico Javier Porta.
O ciclo dedicado a Gus Van Sant comezar o dÃa 7 de xullo coa proxección de Todo por un soño, a pelÃcula de 1995 coa que Nicole Kidman gañou un Globo de Ouro á mellor actriz. A seguinte pelÃcula será Milk/ O meu nome é Harvey Milk, un filme protagonizado por Sean Penn, que gañou dous Óscars e poderá verse no CGAI o luns dÃa 12.
O dÃa seguinte, o martes 13 de xuño, proxectarase Elephant, unha brillante, distanciada e calculada recreación da matanza do Instituto de Columbine pola que Van Sant gañou unha Palma de Ouro e o premio ao mellor director en Cannes. O ciclo rematará o dÃa 14 coa pelÃcula Drugstore Cowboy, a longametraxe que colocou ao director estadounidense no panorama cinematográfico mundial.
O ciclo de cine filipino comezará o xoves dÃa 1 coa pelÃcula Turumba. Este ciclo inclúe filmes de Eddie Romero, NIck Deocampo, Jeffrey Jetturian, Kidlat Tahmik, Laurice Guillén e Lav DÃaz.
Dentro do ciclo Fóra de serie o CGAI estrea en Galicia o canto á fabulación Historias extraordinarias do arxentino Mariano Llinás, que contará coa presentación do crÃtico dÂ’El Amante e programador do BAFICI Javier Porta Fouz. Por último, Javier Rebollo acudirá ao Centro Galego de Artes da Imaxe a presentar a súa segunda pelÃcula, a produción española A muller sen piano, unha circunstancia que lle permitirá ofrecer unha Master Class acerca do seu proceso de traballo o venres 16 de xullo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.