Notas de prensa

Soas, primeiro album de Rosa Cedrón e Cristina Pato

A saída do primeiro album conxunto das galegas Cristina Pato e Rosa Cedrón, Soas, está prevista para o outono de 2010. Arranca a gravación deste proxecto que pretende comunicar a música.

Tras un comezo de ano de intensa actividade, e antes de iniciar as suas respectivas xiras de verán, Cristina Pato e Rosa Cedrón, abren unha paréntese nas súas cinguidas axendas para
materializar o proxecto no que veñen traballando desde fai dous anos.

Soas, naceu como a resolución dunha inquietude común en dúas mulleres que souberon comunicar a nosa música dentro e fóra das nosas fronteiras. Ambas, ligaron a súa vida á formación clásica, Cris0na desenrolando unha importanDsima carreira co piano, que lle levou a rematar os seus estudos coa obtención do Doctor of Musical Arts por la Mason Gross School of the Arts da Rutgers University (NJ, EEUU) e Rosa gañando unha praza como profesora de violoncello. Estes anos de adicación á música clásica e outros tantos de experiencia no ámbito da música de identidade galega, confluiron na necesidade de expresar a innegable conexión que elas desenrolaron maxistralmente entre ambas vertentes.

Para este primeiro traballo discográfico, seleccionaron coidadosamente un repertorio que comprende obras propias e grandes clásicos galegos de diferentes épocas: desde “Negro Caravel”, editado no úl0mo álbum de Cris0na Pato “The Galician ConnecDon”, pasando por unha emocionante versión do “Romance de Mirabella” do “Entre dous mares” de Rosa Cedrón, como temas tan significa0vos como “Unha noite na eira do trigo” ou “Quen poidera namorala”.

O disco contará con dous grandes bloques: Nun deles, Cris0na ó piano e Rosa ó cello e voz, interpretarán cinco temas sen máis ar0ficio co sen0mento, dándolle protagonismo á esencia propia das cancións e amosándonos a incríble maxia que desenvolveron nestes dous anos de traballo común.

O outro, estará conformado por sete temas nos que contan coa colaboración da BraDslava Symphony Orchestra, dirixida por David Hernando e cuxa grabación comezará o 5 de xullo no Estudio 1 da Slovak NaDonal Radio. A súa grande experiencia no acompañamento de artistas de recoñecemento internacional foi determinante á hora da súa elección.

Gran parte dos temas, foron supervisados por un dos arranxistas e compositores máis salientables do panorama musical actual. Recoñecido internacionalmente como un dos líderes musicais da súa xeración, Octavio Vázquez, (Santiago de Compostela, 1972), desenrolou os seus estudos entre o Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e a Universidade de Maryland, College Park. Desde Nova Iorque, cidade na que reside, desenvolveu proxectos tan interesantes como Hermes, para a Real Philarmonía de Galicia, Styx e Memento para a Orquesta Sinfónica de Galicia ou Galician Folk Dances, encargo do New York State Council on the Arts and HumaniDes, entre outros.

Zouma Records, 2010-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES