Notas de prensa

29 fotografías de Pierre Gonnot transmiten fortes sensacións sobre o ser humano en Terre de Personne

Xacobeo 2010 exhibe en San Martín Pinario 29 fotografías do francés Pierre Gonnot. A mostra Terre de Personne recolle un conxunto de chamativas fotografías que transmiten fortes sensacións sobre o ser humano e inclúen retratos e paisaxes de distintos puntos de Galicia

O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, presentou a exposición Terre de Personne, do fotógrafo francés Pierre Gonnord, no Claustro Alto do Mosteiro de San Martiño Pinario e que forma parte do Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010. Na rolda de prensa, Ignacio Santos estivo acompañado de Pierre Gonnord e do comisario da mostra, Rafael Doctor Roncero.

A mostra, organizada por Xacobeo 2010, a Comunidade de Madrid, o Arcebispado de Santiago de Compostela, Seminario Maior e patrocinada por Telefónica, está composta por un total de 29 fotografías entre as que se inclúen unha serie de retratos e paisaxes realizados polo fotógrafo Pierre Gonnord en distintos puntos de Galicia.

Na súa intervención na rolda de prensa, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que con esta exposición marcase un fito clave na programación de Xacobeo 2010 e recalcou que “é imposible quedar impasible ante retratos como o a campesina Madalena, diante de imaxes que amosan os efectos devastadores dos incendios, ou a impresionante forza do mar”.

Ignacio Santos engadiu que “para Xacobeo 2010 é unha honra tomar parte neste ambicioso proxecto expositivo e colaborar para que Santiago acolla este conxunto de fotografías chamativas e que transmiten fortes sensacións sobre o ser humano”.

Terre de Personne, que estará aberta ao público ata o próximo 1 de agosto no Claustro Alto do Mosteiro de San Martiño Pinario, é o último traballo do prestixioso fotógrafo francés residente en España e supón un exercicio dunha complexa elaboración no que a técnica fotográfica se mestura coa aproximación psicolóxica a cada unha das personaxes que prestan o seu rostro a esta exposición. Esas persoas son as verdadeiras protagonistas da mostra e a chave da investigación particular do fotógrafo sobre a alma humana.

Como importante novidade na obra de Pierre Gonnord, a exposición contará por primeira vez coa incorporación de grandes paisaxes que dialogarán no espazo coas persoas retratadas. Trátase de imaxes realizadas desde a mesma calma que preside cada un dos seus retratos e nela recollese desde a infinita forza do mar, ata a calma dunhas grandes raíces, a violencia dun incendio, ou o estraño orden dun bosque de eucaliptos.

O obxectivo desta serie de fotografías é poñerlle rostro ás persoas que viven e traballan nos entornos rurais e que teñen unha forma de vida e de traballo moi afastada da que acontece na cidade. Para lograr este efecto, o fotógrafo trasladouse a pequenas vilas e aldeas do norte de España e de Portugal.

No traballo de Gonnord que hoxe chega a Santiago, dáselle un especial protagonismo ás persoas maiores, a xente que acumula o paso do tempo nos seus rostros e que transmiten coa súa mirada as duras condicións do seu traballo. As imaxes destas personaxes levaron ao autor a fotografiar tamén os espazos nos que residen para poder comprender o seu xeito de vida. Xunto a estas persoas maiores aparecen as fotografías de xente nova que tamén traballa na terra, como son os mineiros.

Ao acto de inauguración de Terre de Personne, que se celebrará pola tarde, asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña; o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás; o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o reitor do Seminario Maior, Carlos Ãlvarez Varela; o director territorial de Galicia e Asturias de Telefónica España, Ignacio Aller; o fotógrafo Pierre Gonnord, e o comisario da exposición, Rafale Doctor Roncero.

Convenio

Esta é a segunda exposición que se fai no marco do convenio firmado entre a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o Arcebispado de Santiago para a organización de proxectos expositivos no mosteiro de San Martiño Pinario durante os anos 2010 e 2011, e que traten sobre aspectos relacionados co Ano Santo.

Despois de Regreso á orixe. Xerusalén, Roma, Santiago (que pode visitarse ata o mes de agosto) e Terre de Personne, tamén chegará ao Mosteiro de San Martiño Pinario a exposición Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez, que se inaugurará o 18 de agosto e que recala en Compostela despois de exporse en París e Roma, onde se atopa actualmente. Por último, o mosteiro acollerá a mostra Bibliotecas do Camiño de Santiago, da fotógrafa Cándida Höfer.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES