
O programa cultural Ãfrica Vive —unha iniciativa do consorcio Casa Ãfrica que achega o continente veciño a 12 cidades españolas a través dun amplo calendario de actividades— presenta no Salón Teatro de Santiago, o martes 15 de xuño ás 20.30 horas, dous espectáculos de danza contemporánea interpretados por Ciré Beyè e Auguste Ouedraogo. Organizado para conmemorar o dÃa de Ãfrica (25 de maio), o programa Ãfrica Vive celebra a súa segunda edición consecutiva e chega por primeira vez a Galicia grazas a colaboración da ConsellerÃa de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa, coa que se pretende dar a coñecer que en Ãfrica a danza é algo máis que rito e tribalismo, amosa o potencial artÃstico e o traballo creativo que están desenvolvendo un número importante de coreógrafos e bailarÃns. Neste caso, o senegalés Ciré Beyè interpretará na sede escénica do Centro Dramático Galego (CDG) un solo de 35 minutos denominado Yonnu Adouna, sur le chemin de la vie, acompañado unicamente por unha suave luz e a música dun saxofón. Pola súa banda, o burkinés Auguste Ouedraogo, cofundador da compañÃa ArtÂ’Dév/Compagnie Auguste-Bienvenue, dará a coñecer a súa última creación, Tourments Noirs.
CompañÃa Jant-Bi
Ciré Bèye naceu en 1975 en Saint-Louis, Senegal. Durante a súa mocidade, aproximouse ao atletismo, fútbol, teatro e danza grazas á asociación cultural e deportiva do seu distrito. Sen deixar nunca de actuar, continuou a súa formación decantándose pola arquitectura. En 1998 participou no primeiro curso de danza tradicional e contemporánea que a prestixiosa coreógrafa e bailarina Germaine Acogny organizou no centro École des Sables, en Toubab Dialaw (Senegal), acadando unha mención honorÃfica pola súa aprendizaxe. Esta formación permitiulle ampliar horizontes en ballet e danza moderna.
Ademais do seu traballo desde hai dez anos como intérprete na compañÃa Jant-Bi de Germaine Acogny, de quen é asistente na actualidade, tamén realizou proxectos persoais para fomentar o desenvolvemento do ballet na súa cidade natal, formando a mozos bailarÃns e actores, organizando obradoiros internacionais de danza tradicional e contemporánea e participando en diversos proxectos coreográficos xunto a artistas africanos e europeos.
Entre os seus espectáculos como bailarÃn e coreógrafo destacan Le coq est mort, de Suzanne Linke (1999); Maady-Kaan, de Ciré Bèye e Pape Ibrahima Ndiaye dit Kaolack (2003); Waxtaan, de Germaine Acogny e Patrick Acogny (2007); Les écailles de la mémoire, de Germaine Acogny e Jawole Willa Jo Zollar (2008) e Yonnu Adouna, de Ciré Béye (2009).
Excelente preparación técnica
Nado en 1979 en Ouagadougou, Burkina Faso, en 1993 Auguste Ouedraogo incorporouse á compañÃa Le Bourgeon para recibir formación en danza, teatro, narración de contos e música. Seguidamente, participou en varios obradoiros de danza no seu paÃs natal e no estranxeiro. En Burkina Faso, entre 1996 e 2001, recibiu clases impartidas polo Centro Cultural Francés Georges Méliés de Ouagadougou da man de coreógrafos como Christopher Cheleux, Robert Seyfried, Salia Sanou, Seydou Boro, etc. No estranxeiro, foi convidado á súa vez aos Talleres do Mundo do Festival de Danza de Montpellier. Como consecuencia, uniuse en 2002 a Claude Brumachon e Benjamin Lamarche no Centro Coreográfico de Nantes para o Curso Internacional Danza. Asemade, Auguste colaborou na creación de varios espectáculos como o desfile coreográfico Kôyan Kote (2000) con coreografÃa de Salia Sanou, Seydou Boro e Cyril Viallon; ademais de ser o autor e coreógrafo de varias pezas, como Traces (2007), realizada coa colaboración de Bienvenue Bazie e Jacques Pibot.
No ano 2000, fundou —xunto aos seus compañeiros Wilfried Souly e Olivier Tarpaga— a Association Compagnie Tã, renomeada en 2007 como ArtÂ’Dév/Compagnie Auguste-Bienvenue. Presentada como un lugar de intercambio, creación e investigación no campo da danza, fomenta a participación activa na formación de novos bailarÃns. A compañÃa é recoñecida pola súa excelente preparación técnica e pola calidade das súas coreografÃas.
As entradas para asistir ás actuacións de Ciré Beyè e Auguste Ouedraogo poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da actuación. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.