Notas de prensa

Martín Fores gaña o concurso de carteis da XXXII Semana de Cine de Lugo

O valencián Martín Fores Sanz é o autor do cartel anunciador da XXXII Semana de Cine de Lugo, logo de gañar o concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá a través de Internet.

O valencián Martín Fores Sanz é o gañador do Concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de cine de Autor de Lugo. O premio está dotado con 1.000€ e unha estatuíña de Sargadelos.

Ó Certame concorreron un total de sesenta carteis recibidos de Navarra, Tarragona, Madrid, León, Jaén, Cáceres, Lleida, Ourense, Sevilla, Zaragoza, Barcelona, Cuenca, Valencia e Lugo. à selección final chegaron cinco deseños procedentes de Lleida, Zaragoza, Astorga, Ourense e Valencia, sendo elixido este último.

A convocatoria do certame efectuose exclusivamente por Internet, a través da plataforma www.galiciadigital.com e das páxinas www.semanadecine.delugo.info e www.fonmiña.es

NotaO Xurado estivo formado por representantes das institucións patrocinadoras e colaboradoras, e membros de Fonmiñá: Concello de Lugo (Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura), Deputación Provincial-Vicepresidencia 1ª (Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial), Xunta de Galicia e Xacobeo (X. Carlos Rodríguez Andina, Xefe Territorial de Cultura e Turismo), Universidade-Campus de Lugo (Paloma Lugilde), Caixa Galicia (Sinesio Díez), e por Fonmiñá, Carlos Rodríguez Arias (Vocal de video), Eduardo Rodríguez Ochoa (Vocal de Fotografía), Manuel Curiel (Director da Semana de Cine) e Xulio Xiz (Presidente do Grupo Fotocinematográfico).

Coa totalidade dos carteis presentados hase efectuar unha exposición, coincidindo coa celebración da Semana de Cine.

A entrega de premios terá lugar no decurso da xornada inaugural da XXXII Semana de Cine, o 27 de setembro de 2010.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2010-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES