Notas de prensa

A soprano Cristina Gallardo-Domâs grava un disco de cancións galegas

No marco do ciclo Xacobeo Classics, a soprano Cristina Gallardo-Domâs e a orquestra Gaos colaboran na gravación dun novo disco de cancións galegas entendido como unha aposta segura pola excelencia creativa en torno a coñecidos temas como Lela, Negra Sombra ou María Soliña.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu na Coruña á presentación do inicio da gravación dun novo disco dedicado a algunhas das máis coñecidas cancións do repertorio da música galega. A interpretación destes temas correrá a cargo da gran soprano internacional Cristina Gallardo-Domâs e forma parte das actividades enmarcadas no ciclo Xacobeo Classics. A gravación do disco, que toma o nome da canción galega Lela, comeza hoxe no Centro Mans da cidade herculina.

à rolda de prensa asistiron a soprano Cristina Gallardo-Domâs; a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera; o compositor Juan Durán; o director artístico de Xacobeo Classics, César Wonenburger; e o xerente do Centro Mans, Guillermo Vergara.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que “reunir nun mesmo proxecto creativo a grandes artistas galegos –cun coñecemento amplísimo da nosa tradición musical popular e culta– e a unha figura de primeiro nivel internacional como é Cristina Gallardo-Domâs, é un fantástico punto de partida para este disco e é unha aposta segura pola excelencia creativa”.

Para Roberto Varela, “os proxectos que teñen a súa orixe nunha suma de vontades creativas e que se inspiran na colaboración artística soen ofrecer un valor engadido en canto que fomentan a aprendizaxe formal, técnica e estética de cada un dos creadores que participan nos mesmos”. Segundo o titular de Cultura e Turismo, con iniciativas de apoio e promoción como a presentada hoxe “conséguese sentar as bases para o progreso profesional e humano dos traballadores da música”

A célebre intérprete gravará durante catro días cancións como Lela, Negra Sombra, María Soliña o Rosa de Abril con novos arranxos sinfónicos realizados expresamente para esta ocasión polo compositor vigués Juan Durán. Cristina Gallardo-Domâs é premio Laurence Oliver e o próximo mes de setembro protagonizará a estrea mundial da ópera Il Postino de Daniel Catalán xunto a Plácido Domingo na ópera de Los Ãngeles.

Na elaboración deste singular rexistro terá un protagonismo especial a Orquestra Gaos, formada por músicos novos dos principais conservatorios galegos. A formación Gaos, creada no ano 2009 e que ten ofrecido nos últimos tempos concertos en A Coruña, Vigo, Ferrol e Betanzos, ofrece unha plataforma excepcional para a canteira musical da terra.

Proxección internacional

A iniciativa presentada en A Coruña, que conta coa colaboración da Fundación Paideia, forma parte das actividades deseñadas no marco do ciclo Xacobeo Classics, que durante o Ano Santo se está ocupando de difundir a música de autores galegos pola comunidade. Coa gravación desde disco, as cancións máis populares do repertorio tradicional galego adquirirán unha dimensión internacional.

O selo Verso, un dos máis prestixiosos de cantos se dedican á música clásica en España, encargarase da súa distribución por todo o mundo. Ademais, as cancións pasarán a formar parte do repertorio dunha das mellores sopranos do noso tempo, habitual de todos os grandes teatros e festivais internacionais, desde Salzburgo ata La Scala de Milán. Nestes días, Cristina Gallardo-Domâs logrou dous importantes triunfos persoais baixo a batuta de Lorin Maazel, o primeiro cantando La Vida Breve de Falla no Palau de Les Arts de Valencia, e o segundo con Turandor nunha xira que a levou ata China.

Nacionalizada española, Cristina Gallardo-Domâs estudou primeiro en Chile e logo en Nova York, antes de converterse na mellor intérprete de Puccini da actualidade. A súa convincente actuación en Madame Butterfly, dirixida polo falecido Anthony Minghella no Covent Garden de Londres, valeulle o premio Laurence Olivier. Traballou e gravou con todas a grandes batutas, de Riccardo Muti a Nikolais Harnoncourt, de Lorin Maazel a Riccardo Chailly, e ten participado en festivais como o de Salzburgo. A isto hai que engadir que Woody Allen fixo o seu debut como director de ópera con ela, en Gianni Schichi. Este ano será a muller de Neruda na estrea mundial de Il Postino.

As cancións que aparecerán no disco son: Lela, Soedades, Os Teus ollos , Un Adiós a Mariquiña, Negra Sombra, Vai lavar la cara, Lonxe da terriña, Rosa de Abril, Maio Longo, Unha noite na eira do trigo, Maria Soliña, Alborada, Campanas de Bastavales e O limite increado do mundo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-06-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES