Notas de prensa

Carmen García González, premiada no concurso escolar Qué é un rei para ti?

O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolleu a entrega de premios do certame Qué é un rei para ti? na que o conselleiro de Educación destacou a importancia do achegamento dos máis novos á figura do Rei e ás funcións constitucionais.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) a entrega do premio Qué es un Rey para ti?, que alcanzou este ano a súa vixésimo novena edición dedicada a amosar a percepción que os escolares de entre 8 e 13 anos teñen sobre Don Juan Carlos I.

Este ano a galardoada foi Carmen García González, alumna de 1º da ESO no IES Carlos Casares de Vigo, quen presentará en persoa o seu traballo ao Rei, nunha audiencia compartida cos rapaces gañadores no resto das comunidades autónomas.

Durante o acto, Vázquez Abad amosouse satisfeito pola alta participación galega neste certame, ao que a Comunidade presentou nesta edición 2.186 traballos de alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO. O conselleiro de Educación dirixiuse a todos os participantes para “transmitirlles os meus parabéns pola orixinalidade e a creatividade demostrada nos traballos que optan ao galardón”. Ademais, felicitou aos “vosos educadores que, respectando as ideas orixinais, foron quen de orientalas”.

Vázquez Abad fixo fincapé na importancia deste certame como “primeira toma de contacto coa historia da Coroa e co seu papel nun Estado democrático de Dereito, desde a asunción dos seus deberes e obrigas establecidos pola Constitución”. Así mesmo, o conselleiro valorou a oportunidade que constitúe o concurso para os escolares, “xa que lles permite achegarse á personalidade humana de Don Juan Carlos I, e coñecer as características e a importancia das súas funcións”. Neste sentido, Xesús Vázquez animou aos escolares a “formarvos academicamente e persoalmente como cidadáns libres e participativos, quen de tomar decisión e de vos implicar activamente no funcionamento da nosa sociedade”.

No acto estiveron presentes tamén o presidente da Fundación Institucional Española (FIES), Rafael Guardáns Cambó, e o director xeral da Fundación Orange, Manuel Gimeno; organizadora e patrocinadora respectivamente do concurso. Así mesmo asistiu o secretario xeral da Consellería de Educación, Jesús Oitavén; e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

Exposición de traballos finalistas

Ademais da entrega do premio, no MUPEGA expuxéronse as 4 obras finalistas galegas, procedentes de 16 colexios. Por cuarto ano consecutivo, as nenas e nenos puideron presentar tamén traballos en calquera formato multimedia, como vídeos, deseños de páxinas web ou creacións de arte dixital

Os 13 mellores traballos a nivel estatal da modalidade multimedia – cuxo gañador foi escollido a tra vés dunha votación online o pasado 17 de maio, Día da Internet- serán amosado nunha exposición virtual itinerante, impulsada pola Fundación Orange.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES